ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 28 de novembro de 2010

Preparados,listos....xa!!

O próximo martes 30 de novembro celébrarase no campo de fútbol Agra de Raíces de Cee a proba comarcal de campo a través.
Nela participará alumnado de varios centros cercanos como CEIP SAN VICENZO (VIMIANZO),CEIP OS MUIÑOS,CEIP VILARMIDE e CEIP VIRXE DA BARCA (MUXIA), CEIP EUGENIO LOPEZ(CEE),CPR NOSA SEÑORA DO CARME(FISTERRA) CPI ALCALDE XOSE PICHEL(CORISTANCO)...

O alumnado do noso centro de Coristanco leva semanas ansioso pola celebración de dita proba, xa que é a primeira vez que participan nun evento deste tipo e teñen moita ilusión posta na proba deportiva.
Así que xa están en marcha os preparativos previos para a saída;a intención é que disfruten ao máximo da actividade e coñezan a outros nenos dos diferentes centros que participan na mesma, así como aproveitar a visita para coñecer o entorno cercano á Costa da Morte.
PREPARADOS,LISTOS......XAAA!!

domingo, 21 de novembro de 2010

O PRIMEIRO EXAMEN....






Este curso o alumnado do terceiro ciclo tivovo seu primeiro exame escrito....ao principio o tomaron a chiste...pero logo viron que non era broma!
Da mesma forma que explicamos contidos a nivel práctico,damos apuntes teóricos sobre algúns de esos contidos, por exemplo nesta ocasión tocou o quentamento;as súas partes e un pouco de condición física, que é o que estivemos traballando ata agora a nivel práctico,aproveitando que nunha semana temos unha carreira de campo a través en Cee.
Mirade o exame e opinade o que pensades,ollade que debuxos máis precisos sobre o corpo humán.

venres, 19 de novembro de 2010

MAGOSTO NO PICHEL

O PASADO VENRES CELEBRAMOS O MAGOSTO NO NOSO CENTRO.ACUDIRON COMPIS DO CRA NOVO MENCER E ADEMAIS DE COMER CASTAÑAS,FIXEMOS MOITOS XOGOS E MOI DIVERTIDOS,MIRADE,MIRADE, O BEN QUE O PASAMOS!!


venres, 5 de novembro de 2010

TRABALLAMOS CO NOSO CORPO

Agora mesmo estamos a realizar unha unidade didáctica relacionada coas capacidades físicas,que como sabemos son Resistencia, Velocidade,Flexibilidade e Forza!!.
As sesións adicadas ao traballo destas capacidades sírvenos de paso para mellorar a nosa condición física xeral e de forma particular para entrenar de cara ás próximas carreiras de campo a través que se realizarán entre o mes de novembro e de decembro.
Dende aquí pretendemos animar ao alumnado do terceiro ciclo para que siga traballando deste xeito e así poder realizar grandes carreiras,cada un dentro das sùas posibilidades; e sobre todo a pasalo moi ben!!.

luns, 1 de novembro de 2010

XA ESTAMOS EN PROCESO!!


O alumnado do terceiro ciclo xa comenzou a traballar duramente a súa condición física para mellorala có fin de participar nas actividades de campo a través que se celebrarán próximamente.
Este curso comenzamos unha nova andadura relacionada coas actividades deportivas intercentros.Dentro das mesmas participaremos en actividades de Campo a través que se celebrarán en concellos da Costa da Morte,como Cee e Muxía; e por outro lado en actividades lúdico-recreativas con outros centros,que son as cahamadas xornadas deportivas.
Debido a esto e aproveitando que as unidades dida´cticas que estamos desenvolvendo teñen que ver coa condición física o alumnado de quinto e sexto do cole estase a preparar a fondo para estos fins.
Dende aquí animámolos a seguir facéndoo así!!.