ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta actividade ciclista. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actividade ciclista. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de xuño de 2018

ACUDIR EN BICICLETA AO CPI, secundaria

Dende o CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL, informamos as familias de que o alumnado poderá vir en ao CPI ás 8:45 (as nove en xuño e setembro) e irse á casa ao remate da xornada escolar na bicileta ou no patinete.

Sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) Virán protexidos debidamente según as normas de tráfico:

        - Casco obrigatorio en vía interurbana.
        - Prenda de "coores vivos". Chaleco refrectante non obrigatorio, sí recomendable.
        - Alumeado catadióptico: obligatorio delantero e trasero.

b) Dentro do recinto escolar respetarán a prioridade peatonal do resto do alumnado, para evitar accidentes.

c) Aparcarán no porche do edificio de secundaria, (paralelo á rampa de acceso).

d) Entregarán asinada unha autorización coma a seguinte:

Eu________________________________________ con DNI______________pai/nai/titor/a autorizo ao alumno/a____________________________________________a acudir e marchar en bicicleta ao CPI, durante todo o curso escolar, accedendo ao CPI pola porta de acceso para o alumnado, respetando en todo momento a peatonalidade dentro do recinto escolar e baixo a responsabilidade da familia en cualquier caso.

Asdo.:



Pai/nai/titor/a


A zona de aparcamento será considerada como tal e estará vetada a todo o alumnado durante a xornada escolar incluídos os recreos. 

Ante calqueira infracción das normas anteriores, o profesorado actuará en consecuencia e seguindo o RRI no NOF do CPI.

As solicitudes das autorizacións haberá que solicitalas a: Beatriz Villar, Ruth Yebra ou Tucho Méndez.



martes, 29 de maio de 2018

DÍA DA BICICLETA CARBALLO




  "O ciclismo está de moda", publica o xornal La Voz de Galicia. E certo é que isto é así. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, doado de estacionar e que non require un mantemento moi caro; á par que é un vehículo para divertirse, facer deporte e manter o corpo e a mente áxil. Pois ben, a cita será o vindeiro 3 de xuño ás 11 da mañá nun percorrido circular que circulará polas rúas máis céntricas desta localidade. Podedes apuntarvos inclusive o mesmo día na delegación carballesa da Voz de Galicia ou o consistorio e deberedes acudir coas vosas bicicletas e o correspondente casco. Se a aventura vos gusta, teredes ocasión de participar nas seguintes edicións que se celebrarán ao longo da Costa da Morte. 


  
  E se todavía vos quedan dúbidas... Ao remate da xornada haberá sorteo de regalos!!

mércores, 28 de xuño de 2017

ALUMNADO E DEPORTE FORA DO CPI


CARREIRA EN CORISTANCO

Alí estivo o noso triatleta Miguel coorendo os case 3000 metros para a súa categoría e algún outro representante de primaria:




























ESCOLA DE SURF EN RAZO

Como xa sabedes todos os sábados á mañán, os alumnos da escola de surf practican e aprenden este deporte na praia de Razo. Lucía Canosa pertence a esas escolas, aquí a tendes ao final dunha clase.



CARREIRA DE DOUS EN DOUS. CARBALLO.

Unha carreira maravillosa na que participar é o fundamental e o posto un prescindible añadido. Aqui estiveron de parella Lucía Canosa e Miram Ares de 4º ESO.




 DÍA DA BICICLETA EN CARBALLO

Temos a proba!!, velaí a tres exalumnos e un alumno CICLISTAS!!...que vos vaia ben rapaces!!

María!, Uxía!, queda pendente vervos ás dúas en acción. Ademáis, Uxía, non esquezo que o curso que ven temos unha entrevista radiofónica pendente ao teu entrenador.


venres, 5 de maio de 2017

PON UNHA BICI NA TÚA VIDA

MONTANDO EN BICICLETA... AXUDAS AO PLANETA!!!!
    Agora que xa pasou a data e vivistes a experiencia, xa vos resulta un lema coñecido 😀 Pero imos comezar polo prinicpio da historia...

  O sedentarismo, ou a falta de actividade física, é unha das enfermidades máis frecuentes a día de hoxe. De feito, os estilos de vida sedentarios son unha importante causa de obesidade, discapacidade e mortalidade. Podedes comprobalo vós mesmos nas vosas casas ou cos amigos e amigas.. Moitos nenos e nenas pasades os vosos ratos de lecer co ordenador, a tablet, o teléfono móvil, os videoxogos ou mesmo a televisión en lugar de xogar fora, correr ou practicar algunha actividade física. A meirande parte acudides ao cole en transporte escolar ou ben en coche e só uns poucos e poucas o fan a pé ou mesmo en bici. 

    Por todo isto, un profe de E.F. de Murcia, tivo unha idea brillante: provocar un cambio nos estilos de vida dos alumnos/as facéndoos máis predispostos cara a actividade física. Pero.. Como?? promocionando e promovendo o uso da bicicleta no centro escolar. Alberto, que así se chama este superprofe, propuxo aos nenos/as deste centro que, sempre que lles fose posible, acudisen todos os días ao colexio en bicicleta. Pero non se conformou con isto! Decidiu incluír a todos os nenos/as posibles e ideou unha longa viaxe dende o seu centro: o CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, ata o noso: o CPI San Roque de Coristanco! Case 1.150 km!!! 
   Organizou unha campaña que ten como eslogan "Montando en bicicleta, axudas ao planeta". Este é o enlace da páxina onde podedes atopar toda a información:



   No noso cole tamén quixemos colaborar e na última etapa da súa viaxe, acompañástelo coma un xigantesco equipo ciclista, moitos coas vosas bicis e ben equipados de forma segura co casco. A profe María Dolores comprometeuse a fondo co proxecto e inclusive conseguiu un arco de meta para que a chegada fose aínda máis espectacular se cabe!! Non teño dúbida de que foi unha xornada xenial, chea de ilusión e de novas vivencias e unha grande mágoa ter que perdela. 

  Aínda que non será fácil volver a repetila pronto, si me gustaría dende aquí lanzar un reto... Agora que a climatoloxía é máis suave e o sol nos acompaña máis a miúdo... Porque non lle propoñedes aos vosos papás e mamás cambiar o traxecto ao cole en coche pola bici ou mesmo a camiñata?? Non sempre será posible, pero se aproveitades as ocasións que teñades de seguro pasaredes un bo ratiño en familia e o camiño para a escola será máis ameno. Probádeo e contádeme!!!





martes, 25 de abril de 2017

DÍA DA BICICLETA

  O 25 de abril amenceu un día anubrado pero agardado con moitas gañas por todos e todas. Grazas á colaboración do clube ciclista carballo, os nenos/as tiveron a ocasión de poder practicar e divertirse un bo anaco realizando un circuíto en bicicleta polo patio.

  Moitos trouxeron da casa a súa propia bicicleta pero incluso aqueles/as que non, circularon atendendo ás normas de seguridade viaria polo percorrido marcado. Escoitaron tamén uns consellos para facer ben as cousas e desprazarse neste medio de transporte con sentidiño e bo facer. E aínda que son cousas que ben sabemos, nunca está demais refrescar a memoria e tomar conciencia da importancia das normas e das medidas de seguridade.




  A actividade enlazouse coa tan ansiada visita de Alberto Andeu, o responsable do proxecto "Andando en bicicleta, ayudas al planeta". Podedes ver a continuación un enlace ao vídeo do momento da chegada e o fenomenal acompañamento que tivo por parte de toda a comunidade educativa do Pichel.




  Ata saímos en prensa e todo! non perdades nin unha letra da noticia!!

  Aproveita sempre que poidas, colle a bicicleta, non esquezas o casco e ponte en marcha porque...

¡¡MONTANDO EN BICICLETA, AXUDAS AO PLANETA!!


venres, 27 de xuño de 2014

Educación vial con Mapfre


Fai uns días tivemos a sorte de ter no noso centro a dous monitores de educación vial de Mapfre.
A través da páxina web de esta aseguradora descubrimos que teñen actividades organizadas para infantil e primaria de seguridade vial.
Así que non o pensamos dúas veces e contactamos con eles...e tivemos sorte!! Así que concedéronnos a actividade de seguridade vial en bicicletas no centro.

Trouxeron bicicletas, cascos, sinais de tráfico, e material diverso para a actividade.
Así que primeiro deron unha charla introdutoria sobre a importancia de respectar as sinais de tráfico, a diferenza entre o CEDA O PASO e o STOP.E logo outros sinais posibles que se poden atopar nas estradas.
Tamén explicaron a importancia do uso do casco cando se circula en bicicleta por calquera estrada e de elementos reflectantes para que os coches podan vernos con anterioridade e deixarnos un espazo mínimo de separación.
Así pois puxémonos mans á obra:


c

propio

sábado, 8 de marzo de 2014

Xornada ciclista no CPI

De volta do Entroido, que mellor forma de voltar que en bicicleta ao colexio!. Oxalá fora unha práctica máis extendida a de vir ao cole na bici dende casa.... O Clube ciclista de Carballo (www.cccarballo.com)propúxonos unhas xornadas de circuitos variados con bicicletas e aceptamos cos ollos pechados. Así que o seu técnico Juan estivo no noso centro con maís compañeiros do clube có fin de ensinarnos o uso básico da bicicleta,como subirnos a ela, como subir e baixar bordillos da acera,rampas,escalones.... E con todos estos elementos montou un circuito adapatado en función ds idades e características do alumnado. As xornadas desenvolvéronse en dúas mañáns no noso cole de primaria e anteriormente xa estivera con alumnado de secundaria. O xoves 6 de marzo tocoulle o turno ao alumnado de 4º ,5º e 6º de educación primaria e o venres 7 de marzo ao alumnado de 1º ,2º e 3º de primaria. Tivemos moita sorte co tempo dado que nos acompañou o sol durante as dúas mañáns de celebración das xornadas. Quedamos moi contentos coa xornada e aos pequenos serviulle para perder o medo a subir e baixar aceras, rampas ou calquera elemento que se atope polo camino... Moitas grazas a Juan e aos seus compañeiros do clube por facernos a visita e oxalá nos teñan en conta de novo o próximo curso. Aquí vos deixo algunhas fotos das que sacamos durante a xornada de bicis: