1º ESO, durante o 2º trimestre, fixo unha actividade que consistiu básicamente en ordenar 16 bolsas de patatas en función da cantidade de grasas saturadas que contiñan.
Cada alumno/a fixo unha toma de datos da etiqueta das patatas fritas, ordenámolas tomas de datos entre todos, poñendo de primeiras as que menos grasas tiñan e de últimas as que máis tiñan. Analizamos tamén datos como o tipo de aceite que tiñan e que outros ingredientes ademáis de pataca, sal e aceite.
Finalmente ordenamos as bolsas de patacas tal como estaba no documento que elaboramos, fixémoslles unhas fotos e, comemos as que consideramos máis saudables, sabendo que é un consumo ocasional, por suposto.
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta debate b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta debate b>. Amosar todas as publicacións
martes, 27 de xuño de 2017
domingo, 11 de decembro de 2016
E POR QUE...??? MENTES INQUEDAS
MENTES INQUEDAS
O exercicio implica movemento, pero non só en canto ao corpo, senón tamén ten moito que ver coa capacidade de pensar. O movemento xera ideas, imaxes e favorece unha mente activa que nos permite afrontar as situacións da vida cotiá dun xeito máis eficaz.
Todo isto ben o saben os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel. Porque? preguntarédesvos. E que a min me encantan as mentes inquedas, incapaces de conformarse co que xa saben e que constantemente teñen dúbidas e gañas de aprender, e neste cole, estou a descubrir moitas delas nas sesións de Educación Física. A vosa opinión é fundamental porque sen rapaces e rapazas que queiran aprender, non teriamos sentido os mestres. Nós, e eu particularmente, estou moi orgullosa de dicir que cada día aprendo un pouco máis con e de vós e por iso abro un fío para que poidades expresar todo iso que vos move por dentro...
Imos ao quid da cuestión: A noticia das diferencias entre distancias para nenos e nenas segundo categorías na carreira de Cee causou unha grande conmoción. Profe!!! acaso tratan de dicir que as nenas non somos quen de correr tanto coma os nenos? Porque? Non o entendemos... Hai nenas que corren máis que os nenos...Apreciación que para algúns adultos/as pasaría desapercibida pero non para os alumnos/as do Pichel. Hurra por vós!!!
ATENCIÓN, ATENCIÓN! o debate está en acción! Propóñovos que deades a vosa opinión en canto ao seguinte: Cal é o motivo polo que o reglamento establece que os nenos, na maior parte de categorías, corran máis distancia que as nenas? Pasa o mesmo nas carreiras de adultos?
Para que a vosa resposta sexa publicada, non esquezades poñer o nome e o curso no que estades. E tede en conta que non abonda con dicir "Si" ou "Non", senón que tedes que desplegar o voso inxenio e buscar unha razón que xustifique a vosa resposta con artigos en internet, xornais, etc. É dicir, para que o debate sexa interesante, argumentade ben as vosas respostas. Penso que tedes a capacidade para facelo francamente ben.
Debezo por lervos!!! Animádevos a debater!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








