ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta xogando ao atletismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogando ao atletismo. Amosar todas as publicacións

xoves, 10 de novembro de 2016

CORRER NON É DE COBARDES

O ATLETISMO
 
 Un día calquera, Marta e Fran estaban na rúa. Aburridos, decidiron correr para ver cal dos dous chegaba antes a unha árbore próxima. Sen sabelo, estaban a practicar o deporte máis antigo da historia: o atletismo. Nesta unidade didáctica coñeceremos un pouco máis desta interesante actividade.

http://www.slideshare.net/gustavosailema/atletismo-13088467



  E como resulta moito máis doado aprender se a materia é divertida propóñovos que investiguedes e espertedes a vosa curiosidade polas modalidades deste deporte pero, entrementres, podedes ollar os vídeos dun simpático oso chamado Berni, que vos axudarán nesta tarefa...






domingo, 12 de maio de 2013

XOGANDO AO ATLETISMO

O pasao venres 10 de maio celebrouse no CEIP de Vimianzo a xornada deportiva "Xogamos ao atletismo" no que participamos varios centros ademais do noso como Vimianzo, Dumbría,Noia... A actividade constou de varios xogos relacionados có atletismo como lanzamento de balón medicinal,salto de lonxitude,lanzamento de xavelina,carreira,relevos... Foi unha xornada intensa no ámbito deportivo e completada coa visita ao Castro de Borneiro e ao Dolmen de Dombate no Concello de Cabana de Bergantiños. Para poder ver o que fixeron mirade aquí: