Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta capacidades físicas básicas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta capacidades físicas básicas b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 28 de xuño de 2017
TALLER DE APARATO LOCOMOTOR
martes, 15 de novembro de 2016
CUESTIONARIO CAPACIDADES FÍSICAS
Boas chicos/as! Aquí vos deixo o enlace para cubrir o cuestionario da unidade de capacidades físicas. Non esquezades cubrir nome, apelidos e curso. Ánimo e bo traballo!! Tedes toda a información necesaria no blogue.
luns, 7 de novembro de 2016
CONDICIÓN FÍSICA
Agora que estamos a piques de rematar esta unidade, é bo aclarar os conceptos máis importantes que traballamos ao longo da mesma; é dicir, a condición física. Que entendemos por ela? Trátase dun conxunto de capacidades físicas que
ben traballadas nos proporcionan un estado de saúde e benestar óptimos para a
vida e un bo rendemento para as actividades físicas e deportivas. Son un total
de 4: forza, resistencia, flexibilidade e velocidade, que resumiremos a continuación:
CUALIDADE FÍSICA
|
Que é?
|
Como podemos mellorala?
|
Sabías que…?
|
FORZA
|
É a capacidade para vencer
resistencias.
|
Con xogos de loita, traccións,
empurres, arrastres de obxectos, trepas, etc.
|
·
Se fortalecemos os músculos do noso
corpo, evitaremos moitas lesións.
·
O animal máis forte en relación co
seu peso é o escaravello xigante.
|
RESISTENCIA
|
A capacidade de aguantar moito
tempo facendo exercicio físico. Existen dous tipos: aeróbica e anaeróbica.
|
Con xogos de carreira, de
persecución, circuítos, etc.
|
·
Correr moderadamente é beneficioso
para corazón e pulmóns.
·
En Kenia, moitos nenos/as
percorren máis de 10 kms para ir á escola. Con este adestramento non é de
estrañar que de adultos sexan imbatibles en probas de longa distancia.
·
Algunhas das probas de resistencia
máis duras son o maratón (42 kms de carreira), o triatlón (que combina
natación, ciclismo e carreira) xunto co Tour de Francia, dura proba en
bicicleta.
|
|
|
É a capacidade que permite facer
movementos de grande amplitude articular sen magoarnos, grazas á mobilidade
das articulacións e á elasticidade muscular.
|
Con exercicios de estiramentos con
ou sen compañeiro/a aguantando durante 15-20 segundos unha posición notando
certa tensión pero non dor.
|
·
A flexibilidade diminúe coa idade
e é importantísima para estar san, así que se non queres perdela.. comeza a
traballala cada día.
·
Hai persoas que son quen de
estirar o seu corpo ata límites abraiantes. Son os contorsionistas
|
|
|
É a capacidade física que nos
permite movernos rapidamente no menor tempo posible.
|
Mediante xogos de persecución,
relevos, xogos de reacción, etc. Hai que ter en conta que para desenvolvela
os xogos deben durar pouco tempo ademais de seren intensos e a sensación
despois de cada un deles será de moito cansanzo.
|
·
O animal máis rápido do mundo é o
falcón peregrino, que voa en picado a 250 km/h.
·
O home máis rápido do mundo
recorre 100 metros en menos de 10 segundos e a muller máis veloz en menos de
11 segundos (Usain Bolt e Florence Griffith).
·
Para ser veloz hai que traballar a
flexibilidade e a forza.
|
sábado, 5 de abril de 2014
Os peques de primeiro a tope de enerxía!
Comezamos o terceiro trimestre e xa apreciamos como os máis pequenos de primaria, os de primeiro espertan as súas habilidades motrices e cada vez medran e van a máis. Así o apreciamos neste pequeno circuito de xogos de habilidades motrices,no cal teñen que saltar á corda, bailar un aro na cintura, botar un balón entre os conos, lanzar uns aros pequenos a un punto determinado,entre outras habilidades motrices. Ollade as imaxes do que son capaces de facer: 




















venres, 18 de outubro de 2013
AS CAPACIDADES FÍSICAS BÁSICAS SON....
As capacidades físicas básicas son os componentes da condición física que nos permiten o que entendemos por "estar en forma".
E xa sabemos cales son : FORZA, RESISTENCIA, VELOCIDADE E FLEXIBILIDADE.
Podedes falarme algo máis sobre isto?
Podedes poñerme exemplos de actividades onde podamos atopar estas cpacidades físicas básicas??
Ollo!! conta para nota....e non vale repetir cousas que poñan os demais!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




