ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 28 de xaneiro de 2015

Xornada deportiva Xosé Pichel -Canosa Rus



O pasado martes 27 de xaneiro levouse a cabo unha xornada deportiva intercentros entre o alumnado de 6º de educación primaria do Ceip Canosa Rus de Coristanco e o Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco tamén.



Realizáronse ao longo da mañán varios xogos deportivos como brilé, balón torre e fútbol sen balón.
A xornada foi lúdica e divertida na que o alumnado dos  centros coñecéronse, xuntáronse, falaron das normas dos xogos, dos seus coles, e de outros temas variados.
Podemos concluir que foi unha xuntanza divertida e gustosa que repetiremos ao logo do curso escolar.
Ollade o vídeo das fotos que se fixeron durante a xornada:







domingo, 25 de xaneiro de 2015

Máis e mellor Acrosport

Continuamos coa formación de figuras e outros equilibrios...

























ACROSPORT EN EL PICHEL

Iniciamos o segundo trimestre e estamos a traballar as habilidades ximnásticas (voltereta adiante e atrás, pino,voltereta lateral,equilibrios sobre superficies variadas...) e ademais Acrosport que son acrobacias relacionadas coas habilidades ximnásticas, baseadas en equilibrios grupais, formación de figuras...
Como sabemos e recordamos en todas as clases de Educación física recalcamos a importancia da seguridade á hora de facer ditas habilidades;é moi importante ter en conta que debemos protexer o noso corpo e o dos compañeiros das caídas, facendo bó uso destas habilidades.
Terase en conta que a maior parte destas figuras ou habilidades ximnásticas han de realizarse con axudas dos compañeiros que garanticen a seguridade das mesmas ;así faranse apoios nas zonas aconselladas, os agarres aos compañeiros serán  fiables  e sobre todo coidando moito de non facerlles dano en ningunha parte do corpo.
Aquí temos un exemplo das habilidades ximnásticas e acrosport feito estos días polos distintos cursos:




















Carreira de campo a través en Porto do Son

Nerea Martínez de categoría alevín feminino e Javier Bardanca ,categoría benxamín masculino clasificáronse na proba de campo a trvés celebrada en Cee para a seguinte fase.
Dita proba celebrouse no Porto do Son o pasado venres 23 de xaneiro.
Fixeron unha moi boa participación, pero non se clasificaron para a seguinte fase provincial.
Aínda así dende aquí FELICITACIÓNS para os dous pola súa participación.
Do mesmo xeito clasificáranse tamén Carme Bértoa,benxamín feminino e Marcos Carro, alevín masculino, pero non puideron acudir ao evento deportivo.

Aqui vemos algunhas imaxes deles: