Iniciamos o segundo trimestre e estamos a traballar as habilidades ximnásticas (voltereta adiante e atrás, pino,voltereta lateral,equilibrios sobre superficies variadas...) e ademais Acrosport que son acrobacias relacionadas coas habilidades ximnásticas, baseadas en equilibrios grupais, formación de figuras...
Como sabemos e recordamos en todas as clases de Educación física recalcamos a importancia da seguridade á hora de facer ditas habilidades;é moi importante ter en conta que debemos protexer o noso corpo e o dos compañeiros das caídas, facendo bó uso destas habilidades.
Terase en conta que a maior parte destas figuras ou habilidades ximnásticas han de realizarse con axudas dos compañeiros que garanticen a seguridade das mesmas ;así faranse apoios nas zonas aconselladas, os agarres aos compañeiros serán fiables e sobre todo coidando moito de non facerlles dano en ningunha parte do corpo.
Aquí temos un exemplo das habilidades ximnásticas e acrosport feito estos días polos distintos cursos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario