ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 21 de novembro de 2011

Xa temos nova mascota de educación física!!

Despois dun duro proceso de selección a ganadora é:


É unha mascota moi deportista, está sobre un patinete,e ten unha raqueta na pata, ademáis de estar saltando á corda....vamos está preparada para todo!! así nos gusta!!
A ganadora da mascota é VANESA ROMAY DE 4º B.
Noraboa!!

domingo, 20 de novembro de 2011

PREPARADOS,LISTOS... XA!!


O próximo mércores 7 de decembro hai unha carreira de campo a través en Cee, no campo de fútbol do Xallas.
Do noso cole participan os cursos dende 3º ata 6 de educación primaria, para moitos alumnos é algo novo e moi motivante,porque é a primeira vez que participan e están moi emocionados.
A verdade é que xa levan uns días preparándose nas clases de educación física para ese GRAN DIA! e están dando o mellor de si mesmos.
Alí participarán outros moitos coles da Costa da Morte,Cee,Vimianzo,Ponte do Porto,Fisterra...será un día de aforo completo alí en Cee.
As categorías para a carreira son
BENXAMIN,ALEVIN E INFANTIL e as distancias que deben correr cada unha son:

BENXAMIN (alumnado masculino e feminino de 3º) 500metros.
ALEVIN FEMININO (alumnas de 4º e 5º ) 600metros.
ALEVIN MASCULINO (alumnos de 4º e 5º) 800metros.
INFANTIL FEMININO(alumnas 6º)800 metros.
INFANTIL MASCULINO (alumnos de 6º) 1200 metros

A idea principal é disfrutar a tope desa saída, de compartir xuntos o día, a carreira,a comida e todo en xeral;así que solo queda decir que moito ANIMO A TODOS OS PARTICIPANTES!!

domingo, 13 de novembro de 2011

Numeros candidatos para escoller a MASCOTA de educación física

Houbo moita participación no concurso de mascota para educación física no Cpi Alcalde Xose Pichel.Despois de que o xurado debatira sobre a variedade de debuxos chegaron a unha conclusión definitva que a descubriremos na próxima noticia.
Pero agora imos ver algún dos debuxos participantes

Nos próximos días veremos cal destas foi a mascota ganadora....!!