ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta teoría educación física. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teoría educación física. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de xuño de 2017

TALLER DE CONCIENCIA CORPORAL E POSTURA

Durante o segundo trimestre, o alumnado de promoción de hábitos de vida saudable, formouse e experimentou actividades individuais e cooperativas en relación coa postura e a actitude corporal; "a linguaxe do corpo e a saúde". Aproveitamos os coñecementos previos do aparello locomotor da primeira avaliación para realizar as actividades e fixemos un capítulo especial adicado a columna vertebral.
Camiñamos, respiramos,  recoñecémonos asimétricos, falamos corporalmente, tomamos conciencia de como modificando as curvaturas vertebrales a postura cambiaba considerablemente.
Debuxámonos un dentro doutro en grupos de catro e ordeamos, mediante pequeña proba de relevos, os ósos neses corpos debuxados.
Debuxamos individualmente a columna vertebral.
Aquí tendes un pequeno recordo deses días:



TALLER DE APARATO LOCOMOTOR

Primeira avaliación, 1º ESO. Traballo cooperativo do aparello locomotor.

martes, 27 de xuño de 2017

PATACAS FRITAS, Análise das grasas saturadas

1º ESO, durante o 2º trimestre, fixo unha actividade que consistiu básicamente en ordenar 16 bolsas de patatas en función da cantidade de grasas saturadas que contiñan.

Cada alumno/a fixo unha toma de datos da etiqueta das patatas fritas, ordenámolas tomas de datos entre todos, poñendo de primeiras as que menos grasas tiñan e de últimas as que máis tiñan. Analizamos tamén datos como o tipo de aceite que tiñan e que outros ingredientes ademáis de pataca, sal e aceite.

Finalmente ordenamos as bolsas de patacas tal como estaba no documento que elaboramos, fixémoslles unhas fotos e, comemos as que consideramos máis saudables, sabendo que é un consumo ocasional, por suposto.








sábado, 24 de novembro de 2012

Capacidades físicas básicas

O alumnado do terceiro ciclo está aprendendo contidos sobre as capacidades físicas básicas: forza,resistencia, velocidade e flexibilidade ... Nos próximos días veremos o que aprenderon a través dos exames...

domingo, 21 de novembro de 2010

O PRIMEIRO EXAMEN....






Este curso o alumnado do terceiro ciclo tivovo seu primeiro exame escrito....ao principio o tomaron a chiste...pero logo viron que non era broma!
Da mesma forma que explicamos contidos a nivel práctico,damos apuntes teóricos sobre algúns de esos contidos, por exemplo nesta ocasión tocou o quentamento;as súas partes e un pouco de condición física, que é o que estivemos traballando ata agora a nivel práctico,aproveitando que nunha semana temos unha carreira de campo a través en Cee.
Mirade o exame e opinade o que pensades,ollade que debuxos máis precisos sobre o corpo humán.