ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta información xeral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta información xeral. Amosar todas as publicacións

domingo, 24 de xuño de 2018

A columna vertebral.

Estará con nos sempre, que menos que coñecela, valorala, e coidala.

COLUMNA VERTEBRAL. Traballo proposto, promovido e seguido por Conchi Liñares e Elena Alcoba.

Publicamos un dos carteis que elaborou o alumnado de 1º ESO, no que cada un debuxou a súa columna e adicoulle un "pequeno momento narrativo" para acompañalo. Tendes dous carteis expostos nos corredores da primeira planta.




Ampliamos algún dos "momentos narrativos" adicados á columna:







domingo, 27 de maio de 2018

"DÍAS AZÚIS". Surf en Razo.

Non poido ser,

Esperabamos 23 e só trouxeron o necesario 9 alumnos/as!!!!!

A empresa só podía manter ese precio cun grupo mínimo de 15, e ademáis, a porcentaxe de alumnos/as era moi baixa.

Grazas a todos os que vos preocupastes para que saíra adiante. Un bico a todos, especialmente para Concha Martínez que foi a que fixo as xestións dende o CPI.

O curso que ven ofertarase de novo na primaveira para 1º E 2º ESO. Esperamos que vos animedes máis!

venres, 4 de maio de 2018

"DÍAS AZÚIS". Surf en Razo

Do 31 de maio ao 1 de xuño.
Dende as 8:45 do xoves ata as 18:30 do venres.
Organizado por "Art Surf".

O alumnado estará acompañado por monitores titulado así como por Elena Alcoba.

A saída inclúe manutención dende a comida do xoves á comida do venres, pernoctación, 4 sesións de iniciación a surf ou recreativas relacionadas e o aluguer do traxe de neopreno e a tabla de surf.

Deberán levar: dous bañadores, toalla de praia, aseo e pixama, dous mudas cómodas, crema de protección solar alta  e gorra.

A ida será en bus dende o CPI. á saída as familias recolerán aos alumns/as nas instalacións de ART SURF en Razo.

Tralo sondeo feito o número de alumnos/as total xira ao redor de 23.

O importe da actividade é de 88 euros.

A autorización entregarase a Elena Alcoba como máximo o día 14 de maio

Grazas pola vosa colaboración.

martes, 24 de abril de 2018

XORNADAS DEPORTIVAS COMPLEMENTARIAS. 1º E 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º ESO poderá acudir os marte e xoves non festivos do mes de maio, de 16:00 a 17:00 horas ao pavillón polideportivo municipal (CPI). 

As familias responsabilizaranse da recollida dos nenos. 

A actividade non terá custe algún. 

Os alumnos/as estarán acompañados pola profesora Elena Alcoba que coordina a actividade.

Haberá unha reunión informativa este xoves 26 de Abril ás 16:00 na sala de usos múltiples. Se non poden asistir, a profesora Elena Alcoba queda a disposición para calqueira aclaración.

A autorización será entregada como máximo o mércores 2 de maio.

As familias deben axustificar ás faltas se os días están previamente autorizados máximo o mesmo día pola mañá.

O alumno/a  poderá voltar  a casa só ao remate da actividade previa notificación na autorización. En ningún outro caso.

domingo, 22 de abril de 2018

CARRREIRAS DE ORIENTACIÓN. BOIRO

O 4 de abril, participamos por primeira vez en deporte de orientación. Na fase interzonal de Boiro.
os cursos de 3º e 4º ESO, enfrentáronse a unha proba fora da casa despois de adestrar con Susana Penas durante as clases de Educación Física durante o trimestre.

Acompañados por Susana Penas e Elena Alcoba e unha coidadora do CPI, experimentamos unha xornada con moitísima participación  e que compartimos con nenos e nenas de diferentes institutos de Galicia. E na que, sen dúbida, a diversidade funcional non foi obstáculo para pasalo ben.

Aquí tendes a lista dos participantes preparada por Susana Penas e algunhas fotos; tiquets individuais que te entregaban co resultado de cada participante, un dos mapas con lendas, unha baliza ca pinza electrónica:

domingo, 25 de marzo de 2018

Semana cultural. Taller de letras corporales e outros inventos!!!

OLA!


Aquí os presentamos algunhas das fotos tomadas durante o taller de letras corporales ideado e seguido por Anna Canal e Elena Alcoba. Contribuímos co traballo a promoción da Mediación en Secundaria.

O alumnado e de 1º e 2º ESO:

















mércores, 21 de febreiro de 2018

SEMANA BRANCA. Fotos e vídeos e agradecementos.

Mentres Beatriz Villar recompila as fotos das cámaras e fai unha selección para que a teñades, aquí tendes un pequeno adianto:
















Como xa vos comentamos, nas reunións, este ano contamos cun monitor do Concello de Coristanco, Rosalino Mariño.

Grazas por todo Ros, as xaulas non serían o mesmo sen ti!!!

Agradecer ao Concello a súa consideración e a colaboración dos adultos acompañantes. Pais de alumnos e exalumnos do centro que nos acompañan cada dous anos alá dondo propoñamos.

A todos, lembraros que no curso 2019/20, voltamos a ofertar esta actividade para 2º e 3º ESO

Ata pronto.

domingo, 21 de xaneiro de 2018

SEMANA BRANCA. Teléfonos en Andorra e últimas indicacións.

Acceder a este documento de Susana Penas para no llevaros sustos con las facturas de teléfono.


https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vShCoaPGg6xl9P_EDl1TkEvVj-iPsIRJ_nx2UXjyHaduQT0GoxuZWzU5IwP4YDCBTqZJnoSPGKi5ZF2/pub

xoves, 14 de decembro de 2017

FICHAS TRABALLO PRIMEIROS AUXILIOS.



Elaboramos unhas fichas plastificadas de traballo para o alumnado sobre actuaciones de primeiros auxilios ante diferentes circustancias. Aquí teneis el enlace ao documento que Anna Canal e Elena Alcoba elaboraron.

https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vRb0oDF2XbrCj5N8eGjtAQ--hlIEPIcdlDNH4-s7v8gj3HG5-nHyBek4_NrbSBoAgf_lwpx_FNW2Qjc/pub


As fichas utilizaranse para axudar na aprendizaxe, consulta e exposición de actuacións de 1º auxilios ante diferentes circunstancias.

domingo, 10 de decembro de 2017

SEMANA BRANCA. Esto está en marcha!

Xa sabedes, Jose Manuel Pose fixo unhas taboas excel estupendas para os vosos pedidos!






Os pedidos facédellos a Susana Penas ou a Concha Martínez:




Das entregas dos pedidos ocúpanse Susana Penas e Helena Castro, contactade con elas.

Para os doces navideños, poñédevos en contacto con Concha Martínez ou Susana Penas.


xoves, 30 de novembro de 2017

SEMANA BLANCA 1718

Ola¡¡
Despois de darlle moitas voltas.....entre as profesoras Beatriz Villar e Susana Penas....




Xa temos o deseño definitivo das camisetas e sudaderas¡¡, este é o resultado:



Agora só tedes que elexir cal vos gusta máis, color e talla¡¡

Contactade con unha das dúas profesoras.

domingo, 19 de novembro de 2017

SEMANA BRANCA. Power-point para a reunión cas familias.

Publicamos aquí unha presentación feita para a reunión cas familias.

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vQWVO-E1lGDdtsIgMU-ho1quMFX4LnwpKdhO1G0RTJi-QyAAzxa1AAW2Fxy6tBkBVORQRBVmm4STk0s/pub?start=true&loop=false&delayms=3000

domingo, 29 de outubro de 2017

SEMANA BRANCA. Carta informativa. Primeira reunión.


Este é o enlace donde podedes ver a convocatoria da excursión á neve para este curso escolar e á primeira reunión informativa:


https://docs.google.com/document/d/e/2PACX-1vTTSpfHs-eIL1AZHlgobOl4cdrGin5eNpH7JpSyIS6zrkwWuPIbR2D2MT1OOzLW8cs8iPLiqJRB0jj9/pub

mércores, 28 de xuño de 2017

ROTEIRO REGUEIFEIRO EN FRANCÉS¡¡

O alumnado de francés coa súa profesora Begoña, traballaron nun documento que falara, presentara e "vendera" esta maravillosa terra de Coristanco entre outras as cousas importantes a "Regueifa" a que como xa sabes, adicamos un roteiro moi especial. este é o documento:

Verdes.
Charmant space natural baigné par le fleuve  Anllóns où les gens se réunissaient  autrefois pour travailler et faire des fêtes autours des moulins. C’est un régal pour les yeux de la nature galicienne.

Pont romain de Lubiáns.
Sur le fleuve Rosendo, ce ponl unit les villages de Coristanco et Carballo. Construit entre le Ier et le II ème siècle,  le pont traverse  la Via XX romaine qui presente encore des traits de l’architecture originale.

Castro de Oca.
Comme partout en Galice, il y a à Coristanco, des camps fortifiés de l’époque celte. O Castro de Oca en est un exemple. Bien préservé, il presente deux structures circulaires à l’extérieur.À l’intérieur, on peut voir encore de nos jours des pierres  appartenant aux anciennes maisons.
Une légende nous y  invite à chercher une marmite d’or qui nous fera  immensément riches.

Terre des  pommes de terre et de la regueifa.
La principale activité économique de cette región est la culture  et production des pommes de terre. C’est sans conteste le tubercule le plus important en Galice. La Fête des pommes de terre a lieu  au mois de septiembre.
As regueifas, sont un chant traditionnel et improvisé, similaires au rap actuel, où deux ou plus personnes se disputent de façon ironique ou humoristique
Lacune de Alcaián.
À Seavia, Braña Rubia, cette lacune fait partie de la nature de Coristanco. Autour de la lacune, il ya plusieurs légendes. La plus populaire raconte que  la Ville d’Alcaián a été submergée à cause d’une femme qui n’a pas voulu accueillir   Saint Pierre et Jésus.
Tour de Nogueira.
C’est une Tour de défense, à San Mamede de Seavia. Elle fait partie, d’un ancien pazo (palais galicien) du XVème siècle (monument d’intérêt culturel) Elle est réprésentative de l’architecture civil de la región.



Hórreos.

mércores, 19 de outubro de 2016

XXXVII CARREIRA POPULAR DE NEGREIRA



  Rapaces e rapazas! A carreira de Negreira está á volta da esquina. Non o dubidedes e anotádevos! É unha oportunidade perfecta para divertirse, pasar un bo rato, estar cos amigos e amigas e facer algo de exercicio, que xa sabedes o ben que senta. Hai categorías para todas as idades, incluso para os adultos. Lembrade, o máis importante de todo non é chegar de primeiro/a, senón esforzarse, correr con cabeciña para pasalo ben e encherse de endorfinas.


  Mamás, papás, irmáns e irmás, animádevos a compartir un anaco de deporte en familia. Será unha marabillosa experiencia.



  Adxúntovos o enlace para que poidades consultar todos os detalles e apuntarvos.


Categorías




NombrePrecio actualAno de nacementoDistanciaHora de saída
ChupeteGratis2013-Posteriores200 m13:00
PrebenxamínsGratis2010-2012250 m12:5025
BenxamínGratis2008-20091000 m12:309
AlevínGratis2006-20071000 m12:3010
InfantilGratis2004-20053800 m11:5010

martes, 20 de setembro de 2016

3, 2, 1... XA ESTÁ AQUÍ O PICHELÍN!!!!

  Nenos e nenas, rapazas e rapaces... os vosos recreos serán a partires de mañá un chisco máis divertidos porque por fin.... 

Abre o CUARTO PICHELÍN!!!

  O cuarto é para que todos e todas o poidamos gozar, así que lembrade algunhas cousas moi, moi importantes para o seu uso...

  • Cada día, dous nenos/as serán os encargados de abrilo e pechalo  e do coidado do material, collendo a chave no cuarto de E.F. Podedes consultar cando vos toca no cadro colocado no taboleiro. Os cursos responsables son os alumnos/as dende 4º a 6º. A orde será: 6ºA, 6ºB, 5º, 4ºA e 4ºB. Tamén o irei colgando no noso blogue para que poidades consultar en calqueira momento.
  • E fundamental que colaboremos para manter o cuarto Pichelín en bo estado. Javi dedicou tempo e cariño en arranxalo para todos nós e, como queremos que dure moitos cursos, temos que poñer da nosa parte para que as cousas non se estraguen. Pensa que a ti non che gustaría non poder xogar coas cousas porque estivesen rotas... Cóidaas por favor!
  • Cando non vos apeteza xogar máis cun xogo, devolvede as cousas ao seu sitio. Deste xeito, cando queirades voltar a usalas será doado atopalas e non perderedes tempo do recreo buscándoas.
  • Se atopas algún material que estea danado, faillo saber aos responsables dese día para que o reparemos canto antes.
  • Pode ser que botedes en falta algún xogo. Admítense suxerencias e segundo vaian chegando valoraremos se é posible incorporalas ao Cuarto Pichelín.
  Só me queda desexarvos... 
Que pasedes moi bos ratos neste cuarto xenial!!



CUARTO PICHELÍN=
RECREOS ACTIVOS!!

luns, 19 de setembro de 2016

Como publicar un comentario no blogue

1. Fai click no globo que pon "comentario". 
2. Escribe o que precises no cadro que pon: "Introduce o teu comentario".
3. Lembra poñer o teu nome, primeiro apelido e o curso.
4. Volve ler o que escribiches para asegurarte de que non hai faltas de ortografía e puxeches todos os datos.
5. Para rematar fai click en "publicar".
6. Unha vez revisado, o teu comentario aparecerá no blogue.
6. Grazas por participar!

Benvidos e benvidas!!!

  Comeza un novo curso que ven cargado de moita ilusión e unha chea de curiosidade e dende a área de Educación Física queremos aproveitar para darvos a benvida a vós, a todos os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel.

  Como xa sabedes, o meu nome é María. Serei a vosa profe tomando o relevo de Estela e co obxectivo principal de que o pasemos ben xuntos e aprendamos todo o que poidamos. O blogue serviranos para estar máis informados, resolver dúbidas e tamén para que teñades ao voso alcance as noticias que teñan que ver con esta área. Gustaríame que vos animásedes a participar xa que a vosa opinión é moi importante. Colgarei unhas normas moi sinxelas para poder facer comentarios. 

  Lembrade vir ás sesións con roupa deportiva, bolsa de aseo e, sobre todo, gañas de aprender cousas novas e mellorar as que xa sabemos!

  Aproveitade os tempos de lecer, deixade de lado as maquiniñas e... a xogar e a correr cos amigos e amigas!!!