Do 31 de maio ao 1 de xuño.
Dende as 8:45 do xoves ata as 18:30 do venres.
Organizado por "Art Surf".
O alumnado estará acompañado por monitores titulado así como por Elena Alcoba.
A saída inclúe manutención dende a comida do xoves á comida do venres, pernoctación, 4 sesións de iniciación a surf ou recreativas relacionadas e o aluguer do traxe de neopreno e a tabla de surf.
Deberán levar: dous bañadores, toalla de praia, aseo e pixama, dous mudas cómodas, crema de protección solar alta e gorra.
A ida será en bus dende o CPI. á saída as familias recolerán aos alumns/as nas instalacións de ART SURF en Razo.
Tralo sondeo feito o número de alumnos/as total xira ao redor de 23.
O importe da actividade é de 88 euros.
A autorización entregarase a Elena Alcoba como máximo o día 14 de maio
Grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario