"O ciclismo está de moda", publica o xornal La Voz de Galicia. E certo é que isto é así. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, doado de estacionar e que non require un mantemento moi caro; á par que é un vehículo para divertirse, facer deporte e manter o corpo e a mente áxil. Pois ben, a cita será o vindeiro 3 de xuño ás 11 da mañá nun percorrido circular que circulará polas rúas máis céntricas desta localidade. Podedes apuntarvos inclusive o mesmo día na delegación carballesa da Voz de Galicia ou o consistorio e deberedes acudir coas vosas bicicletas e o correspondente casco. Se a aventura vos gusta, teredes ocasión de participar nas seguintes edicións que se celebrarán ao longo da Costa da Morte.
E se todavía vos quedan dúbidas... Ao remate da xornada haberá sorteo de regalos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario