ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
Amosando publicacións coa etiqueta xogos cooperativos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos cooperativos. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de marzo de 2018

OS ECOXIMNASTAS

  Xa están aquí... Os e as ecoximnastas!!! Sexan benvidos e benvidas! 



  Pero... Que é isto dos ecoximnastas?! Fácil, resúmese en tres "erres": 
Reducir, Reutilizar e Reciclar. 
  Reducir, xerando menos material de refugallo por exemplo na área que nos atañe: pensando ben que cousas precisamos adquirir e empregando aquelas que teñan máis utilidades; reempregando as que se desgastaron e en moitos casos se desbotan e, finalmente, reciclando no contedor apropiado as que xa non teñen utilidade polo risco que suón o seu emprego. Ben sabedes que o noso centro participa do proxecto de Voz Natura e preocúpase polo coidado do medio ambiente. Dende a área da Educación Física non podemos máis que por o noso pequeno gran de area a esta fantástica tarefa. Como? Creando o noso propio material a partir de cousas de refugallo tales como tapas e tapóns, botellas de plástico, cartóns, distintos tipos de envases, etc. Cáseque calqueira cousa pode valer para crear material para as nosas sesións. Pero non so isto!! Tamén para que o poidades empregar no voso tempo de lecer ou mesmo nos recreos chuviosos.

  Cremos que a sociedade de hoxe en día é excesivamente consumista, e cremos de corazón que non é preciso invertir demasiados cartos en xoguetes cando se poden fabricar de forma económica e, sobre todo, divertida. Isto é unha oportunidade fantástica para que compartades un rato de entretemento cos vosos irmáns ou irmás, pais e nais, avós e avoas... e todo aquel e aquela ao que convidedes a participar.

  A unidade foi realmente apaixoante e pasámolo fenomenal á par que melloramos a nosa competencia motriz. É só unha pequena mostra, pero velaiquí tedes unhas imaxes que dan conta do que argallamos.

Encesta tapa

Iogurcesto

Catapultas


O Twistterpichel

  Non esquezades que, tanto o material sobrante coma os xogos que de tanto uso se estraguen, é importantísimo que completedes o proceso reciclándoos no contedor apropiado para cada un deles.
  
  Para todos e todas os que queirades seguir profundando no tema, déixovos uns enlaces cunha chea de ideas curiosas que seria fenomenal probarades. 



http://edufisrd.weebly.com/construccioacuten-de-material-alternativo.html

mércores, 28 de xuño de 2017

TALLER DE CONCIENCIA CORPORAL E POSTURA

Durante o segundo trimestre, o alumnado de promoción de hábitos de vida saudable, formouse e experimentou actividades individuais e cooperativas en relación coa postura e a actitude corporal; "a linguaxe do corpo e a saúde". Aproveitamos os coñecementos previos do aparello locomotor da primeira avaliación para realizar as actividades e fixemos un capítulo especial adicado a columna vertebral.
Camiñamos, respiramos,  recoñecémonos asimétricos, falamos corporalmente, tomamos conciencia de como modificando as curvaturas vertebrales a postura cambiaba considerablemente.
Debuxámonos un dentro doutro en grupos de catro e ordeamos, mediante pequeña proba de relevos, os ósos neses corpos debuxados.
Debuxamos individualmente a columna vertebral.
Aquí tendes un pequeno recordo deses días:



TALLER DE APARATO LOCOMOTOR

Primeira avaliación, 1º ESO. Traballo cooperativo do aparello locomotor.

venres, 1 de novembro de 2013

Xogos cooperativos

Na unidade didáctica de Coñecemos o noso corpo de primeiro ciclo, fixemos actividades de cooperación por parellas e grupos onde había que levar un globo ou balón con diferentes partes do corpo xunto con outro ou outros compañeiros,sin agarralo balón. Mirade como fixemos: