ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 6 de marzo de 2018

OS ECOXIMNASTAS

  Xa están aquí... Os e as ecoximnastas!!! Sexan benvidos e benvidas! 



  Pero... Que é isto dos ecoximnastas?! Fácil, resúmese en tres "erres": 
Reducir, Reutilizar e Reciclar. 
  Reducir, xerando menos material de refugallo por exemplo na área que nos atañe: pensando ben que cousas precisamos adquirir e empregando aquelas que teñan máis utilidades; reempregando as que se desgastaron e en moitos casos se desbotan e, finalmente, reciclando no contedor apropiado as que xa non teñen utilidade polo risco que suón o seu emprego. Ben sabedes que o noso centro participa do proxecto de Voz Natura e preocúpase polo coidado do medio ambiente. Dende a área da Educación Física non podemos máis que por o noso pequeno gran de area a esta fantástica tarefa. Como? Creando o noso propio material a partir de cousas de refugallo tales como tapas e tapóns, botellas de plástico, cartóns, distintos tipos de envases, etc. Cáseque calqueira cousa pode valer para crear material para as nosas sesións. Pero non so isto!! Tamén para que o poidades empregar no voso tempo de lecer ou mesmo nos recreos chuviosos.

  Cremos que a sociedade de hoxe en día é excesivamente consumista, e cremos de corazón que non é preciso invertir demasiados cartos en xoguetes cando se poden fabricar de forma económica e, sobre todo, divertida. Isto é unha oportunidade fantástica para que compartades un rato de entretemento cos vosos irmáns ou irmás, pais e nais, avós e avoas... e todo aquel e aquela ao que convidedes a participar.

  A unidade foi realmente apaixoante e pasámolo fenomenal á par que melloramos a nosa competencia motriz. É só unha pequena mostra, pero velaiquí tedes unhas imaxes que dan conta do que argallamos.

Encesta tapa

Iogurcesto

Catapultas


O Twistterpichel

  Non esquezades que, tanto o material sobrante coma os xogos que de tanto uso se estraguen, é importantísimo que completedes o proceso reciclándoos no contedor apropiado para cada un deles.
  
  Para todos e todas os que queirades seguir profundando no tema, déixovos uns enlaces cunha chea de ideas curiosas que seria fenomenal probarades. 



http://edufisrd.weebly.com/construccioacuten-de-material-alternativo.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario