ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 30 de decembro de 2010

CONTO ANIMADO SOBRE OS HABITOS ALIMENTICIOS

E unha historia duns nenos que participan nunha carreira para lograr a boa saúde,na historia nos fala de cales poderian ser uns bós hábitos alimenticios, veremos quenes de vós os cumprides algunha vez...

BOS HABITOS DIARIOS

No vídeo que aparece a continuación móstrase como deberiamos de coidar a nosa saúde en canto a ter bós hábitos de alimentación,hixiene,deporte...

O APARATO CIRCULATORIO

Vídeo interesante sobre o funcionamento do noso corazón;compoñentes do sangue:glóbulos vermellos, brancos,plaquetas...

O APARATO RESPIRATORIO

Mirade como funciona o noso aparato respiratorio!
Por iso éimportante que respiremos pola nariz cando facemos deporte,atendede á explicación:


sábado, 4 de decembro de 2010

CAMPO A TRAVES EN CEE

O alumnado do terceiro ciclo do CPI ALCALDE XOSE PICHEL acudiu o martes 30 de novembro ao Campo de fútbol do Xallas,de Cee,para acudir a súa cita deportiva: unha carreira de campo a través dentro do campo de fútbol.
Na carreira participaron distintos centros educativos da Costa da Morte como CEIP OS MUIÑOS,CEIP VIRXE DA BARCA (ambos de Muxía);CEIP SAN VICENZO (VIMIANZO),CEIP EUGENIO LOPEZ (CEE)CPR NOSA SEÑORA DO CARME (FISTERRA)...e diversos centros de educación secundaria
As categorías participantes foron alevíns e infantís masculinos e femininos do centro.A pesar de ter un día có tempo moi malo, a penas parou de chover, o alumnado esforzouse moito en correr as distancias fixadas, sin ter en conta a chuvia e frio presentes.

A visita deportiva completouse cunha de tipo cultural ao castelo de Vimianzo, aproveitando que quedaba de camiño e finalizouse comendo no polideportivo do CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO,a resguardo do mal tempo e onde os pequenos comeron e xogaron a cuberto,depois da chuvia caída ao longo da mañan.
Foi un día especial para os alumnos do noso centro e así o amosan no vídeo que vemos a continuación !!.