O alumnado do terceiro ciclo do CPI ALCALDE XOSE PICHEL acudiu o martes 30 de novembro ao Campo de fútbol do Xallas,de Cee,para acudir a súa cita deportiva: unha carreira de campo a través dentro do campo de fútbol.
Na carreira participaron distintos centros educativos da Costa da Morte como CEIP OS MUIÑOS,CEIP VIRXE DA BARCA (ambos de Muxía);CEIP SAN VICENZO (VIMIANZO),CEIP EUGENIO LOPEZ (CEE)CPR NOSA SEÑORA DO CARME (FISTERRA)...e diversos centros de educación secundaria
As categorías participantes foron alevíns e infantís masculinos e femininos do centro.A pesar de ter un día có tempo moi malo, a penas parou de chover, o alumnado esforzouse moito en correr as distancias fixadas, sin ter en conta a chuvia e frio presentes.
A visita deportiva completouse cunha de tipo cultural ao castelo de Vimianzo, aproveitando que quedaba de camiño e finalizouse comendo no polideportivo do CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO,a resguardo do mal tempo e onde os pequenos comeron e xogaron a cuberto,depois da chuvia caída ao longo da mañan.
Foi un día especial para os alumnos do noso centro e así o amosan no vídeo que vemos a continuación !!.
Que ben o pasamos!
ResponderEliminarAlgo de frío e unha boa molladura, pero, aínda así, unha xornada estupenda.
Noraboa a todos os rapaces e rapazas que o fixeron tan ben, e a ti, Estela, por organizar todo iso e animarnos a todos a participar.
a carreira de cee foi moi divertida pero cansou moito
ResponderEliminarencantoume a carreira de cee pero acabamos como pitos todos mollados
ResponderEliminarESTABAMOS MOI CANSADOS DE TANTO CORRER FOI MOI DIVERTIDO E O CASTELO ERA MOI BONITO PERO FACIA MOITO FRIO E TAMEN CHOVIA
ResponderEliminar