ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

venres, 29 de xuño de 2018

ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE FIN DE CURSO

Concha Martínez, foi a artífice principal axudada por Elena Alcoba da organización e o seguimento dos torneos de final de curso de voleibol 1º ciclo e fútbol sala 1º ciclo e 2º ciclo da ESO. A profesora Covadonga fixo o propio co torneo de PIN PON para 1º CICLO e os cruces con xogadores de terceiro dos 4 primeiros clasificados de 1º e 2º ESO.
Aquí tendes algunha das fotos tomadas ese día dos paneis informativos e os partidos:





luns, 25 de xuño de 2018

ACUDIR EN BICICLETA AO CPI, secundaria

Dende o CPI ALCALDE XOSÉ PICHEL, informamos as familias de que o alumnado poderá vir en ao CPI ás 8:45 (as nove en xuño e setembro) e irse á casa ao remate da xornada escolar na bicileta ou no patinete.

Sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) Virán protexidos debidamente según as normas de tráfico:

        - Casco obrigatorio en vía interurbana.
        - Prenda de "coores vivos". Chaleco refrectante non obrigatorio, sí recomendable.
        - Alumeado catadióptico: obligatorio delantero e trasero.

b) Dentro do recinto escolar respetarán a prioridade peatonal do resto do alumnado, para evitar accidentes.

c) Aparcarán no porche do edificio de secundaria, (paralelo á rampa de acceso).

d) Entregarán asinada unha autorización coma a seguinte:

Eu________________________________________ con DNI______________pai/nai/titor/a autorizo ao alumno/a____________________________________________a acudir e marchar en bicicleta ao CPI, durante todo o curso escolar, accedendo ao CPI pola porta de acceso para o alumnado, respetando en todo momento a peatonalidade dentro do recinto escolar e baixo a responsabilidade da familia en cualquier caso.

Asdo.:



Pai/nai/titor/a


A zona de aparcamento será considerada como tal e estará vetada a todo o alumnado durante a xornada escolar incluídos os recreos. 

Ante calqueira infracción das normas anteriores, o profesorado actuará en consecuencia e seguindo o RRI no NOF do CPI.

As solicitudes das autorizacións haberá que solicitalas a: Beatriz Villar, Ruth Yebra ou Tucho Méndez.



PROXECTO XOGOS PINTADOS NO PATIO

Este curso escolar deseñamos uns espacios para pintar xogos no patio do colexio. Contribuíron as profesoras do departamento de Xeografía e Historia co deseño dunha "Liña da Historia" dus 20 cm. por século, dende o 3.500 ac ata a actualidade;  uns 5.500 anos representados nunha gran liña no chan.
A distribución desta liña e do resto dos xogos a fixemos entre as profesoras de EF de primaria e secundaria.
Vai a haber dous tres en raia humanos, un xogo do espello, unha caracola co abecedario, unha mariola triple, un par de campos de chapas, un circuito multiactividade e un "taboleiro do 100". Na parede uns círculos para traballo de puntería.

O pintado farase en xullo ou setembro, en xuño choveu moito!!!
Este é o espazo onde van ir a maioría dos xogos:




domingo, 24 de xuño de 2018

A columna vertebral.

Estará con nos sempre, que menos que coñecela, valorala, e coidala.

COLUMNA VERTEBRAL. Traballo proposto, promovido e seguido por Conchi Liñares e Elena Alcoba.

Publicamos un dos carteis que elaborou o alumnado de 1º ESO, no que cada un debuxou a súa columna e adicoulle un "pequeno momento narrativo" para acompañalo. Tendes dous carteis expostos nos corredores da primeira planta.




Ampliamos algún dos "momentos narrativos" adicados á columna:







RECREOS ACTIVOS

Cada ano escolar notamos unha diferecia notable de cantidade de practicantes de actividade física nos recreos e recreos de comedor e un aumento na diversidade de actividades (voleibol, brilé, baloncesto, aros, patinetes, e por suposto, fútbol sala)

Este ano escolar optimizamos a normativa para a xestión dos espazos e tempos repartíndoos entre o alumnado interesado por recreos e días, asegurando o uso igualitario dos espazos máis solicitados a todos os cursos.
A xestión do material seguiu igual que o ano escolar anterior.

Mantivemos un equipo de profesores pequeno para facer o seguimento das posibles incidencias que poideran existir respecto aos espacios, tempos e material, así como consencuar cambios na normativa establecida en función das incidencias. O alumnado tiña máis claro a quen se tiña que dirixir. No reparto de espazos e tempos tívose en conta a especial bulnerabilidade do alumnado de 1º ESO fronte aos demáis cursos.

PISTA POLIDEPORTIVA EXTERIOR, Reparto de espacios e tempos:

Primeiros recreos--> 1º ESO
Segundos recreos -->2º ESO
Comedor dos luns --> 3º e 4º ESO
Comedor dos martes -->1º ESO
Comedor dos mérocres --> 3º e 4º ESO
Comedor dos xoves --> 2º ESO

a) Os espazos poderán compartirse en caso de consenso; a decisión, en calqueira caso a teñen os cursos aos que lle corresponde a xestión do espacio.
b) Se o espacio esta ocupado por mor dunha actividade (día da familia...), non se recuperará o día.
c) Se chove, a pista cuberta pasa a ser o "patio de recreo" para todo o alumnado, os partidos quedarán anulados, poderá xogarse ao balón co debido respeto ao alumnado que permanece na pista.
d) Nesta pista, mentres se xoga, estará prohibido comer (sobretodo chupachús).
e) Se algún balón de recreo se "embarca" nas vigas ou no tellado, un dos profesores de equipo de recreo, e en último término xefatura de estudos, decidirá sobre a intencionalidade ou non do feito e actuarase tal e como recolle o RRI no NOF do CPI. Ademais os profesores de recreo levarán unha lista de incidencias, tendo moi en conta o carácter reiterado das conductas impropias no relativo á conducta, tempos e espacios.
f) O alumnado comunicará inmediatamente os feitos que consideren impropios a un membro do equipo de recreos, que tomará as decisións pertinentes en función da naturaleza dos feitos (mediación, o curso que ben, ou parte de incidencias)

Nestes cambios tivemos o asesoramento e apoio na aplicación da xefatura de estudos en todo momento: Ruth Yebra.



Equipo de profesores:
Mª José Rivas.- Segundos recreos de todos os días.
Tucho Méndez.- 2 primeiros recreos á semana.
Elena Alcoba.- 3 primeiros recreos á semana.
Ruth yebra.- Apoio, asesoramento e reforzo.


Grazas a todos o alumnado que participou, e colaborou, especialmente a David de 4º ESO, Damian e Manuel de 1º ESO por su inmensa paciencia.

PARTIDO de BRILÉ nos recreos.:
                           


Ademáis das actividades de exterior, nos recreos, o alumnado podía xogar voluntariamente dentro do edificio, pasillo e sala de usos múltiples a actividade de pin pon foi xestionada por Covadonga Alonso e Elena Alcoba. Durante o segundo trimestre todo o alumnado de 1º ESO tivo que xogar ao pin pon  10 recreos (unha semana) de forma obrigatoria, (aínda que sabemos que algún non o fixo....vémonos o curso que ven).






xoves, 14 de xuño de 2018

DEPORTES ALTERNATIVOS


   Os deportes alternativos son modalidades deportivas que non gozan dunha grande masa de participantes e que adoitan ser descoñecidos para moitos nenos e nenas. Non obstante, poden ser unha forma de motivación para adquirir unha motricidade máis rica e descubrir modalidades deportivas que nos enganchen e nos leven a unha vida diaria máis activa e saudable. Por isto, e porque normalmente adoitan ser realizados en equipos mixtos e non requiren dun nivel de destreza específico ou de preparación previa, imos afrontar esta unidade didáctica con 4 deportes: 

Ultimate, rugbi-tag, bigbol e colpbol. Agardamos todos sexan do voso interés e continuedes a practicalos nos recreos ou os tempos de lecer. Pinchando nos enlaces de cada fotografía, podedes ler as normas e regras de cada un.

Colpbol

Bigbol

Rugby tag



martes, 12 de xuño de 2018

10 K CARBALLO

  Volvemos á carga!! Outra cita ao ladiño mesmo da casa. Tedes categorías ata de pitufo/a para que poidades ir cos máis pequenos e pequenas da casa. Agardamos que a temporada de chuvias e friaxe remate por fin e as previsións climatolóxicas son agradables. Outro motivo máis para acudir!!! 





  No seguinte enlace atoparedes o formulario de inscripción e toda a información detallada do percorrido e as distancias segundo categorías. Dádelle ao click!



domingo, 10 de xuño de 2018

ORIENTACIÓN. Elaboración do material para o CPI. Probas orientación nos arredores do CPI.

!!   SI, esta ano académico gustounos a orientación  ¡¡.

Adicamos moito tempo e ilusión a ter "mapeada" a zona próxima ao CPI, así como a elaborar o material que necesitamos para organizar un evento de orientación no que o alumnado de 4º ESO tomou o mando estando á cabeza de todo Susana Penas.

Unha das actividades foi o recoñecemento da zona por parte do alumnado, fíxeronse dúas saidas, unha de primeiro ciclo e outra de segundo ciclo. Aquí presentamos unha foto de grupo dunha das saídas coas profesoras Covadonga Alonso, Anna Canal, Meli, Marta (profesora de inglés) e Elena Alcoba co Castro de Oca de fondo:





A outra actividade contou coa presencia de Susana Penas e Beatriz Villar e incluiu unha experiencia con unha "slide" de equilibrio do recinto escolar  da que non fixemos ningunha foto.

OS MAPAS, elaborados por Concha martínez (profesora de Xeografía) e Susana Penas:


O MATERIAL PREPARADO PARA A ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN Preparado por alumnos/as de 4º ESO, Concha Martínez e Susana Penas:

                    














UN DOS MAPAS co rrecorrido xa disposto:







































DURANTE A PREPARACIÓN, pintado, pegatinas, dorsais, atado de gomas para ir de dous en dous...:







MESA DE ORGANIZACIÓN o día da carreira e un dos nosos ciclistas enlace para controlar carreira:





DURANTE A CARREIRA:







A META TRAS CHEGAR OS RIMEIROS PARTICIPANTES:








xoves, 7 de xuño de 2018

XORNADAS DEPORTIVAS COMPLEMENTARIAS. 1º e 2º ESO

 REMATOU  !!

Agora xuño o deixaremos para os exames, agradecervos aos 17 alumnos/as participantes a vosa dedicación incondicional ao voleibol estes días de maio.

O vindeiro ano escolar tentaremos poñer esta actividade luns e/ou mércores dende as 2:45 ás 16:00 para que poidades voltar en bus para casa. de forma contínua de outubro a maio.

Grazas aos familiares que participasteis na última xornada do día 31 de maio, en próximas ocasións......máis e millor.

mércores, 6 de xuño de 2018

A E.F. VAI DE EXCURSIÓN!



  Ben sabedes que este curso a meteoroloxía non nos acompañou para facer todas as actividades deportivas previstas ao aire libre. Foi unha mágoa!! Pero para compensalo, as saídas de final de curso viñeron cheas de aventuras, movemento e exercicio. Foi fantástico!! Repetiremos para o curso.

  Por unha parte, terceiro e cuarto foron a Galipark. Un sitio fenomenal cheo de diversión por todos e cada un dos seus rincóns. Nel pódese atopar tirolina, rocódromo, piscina, lasertag e un montón de actividades interesantes. Está aberto durante todo o ano para todo tipo de público: oportunidade xenial para pasar un bo rato en familia. No seguinte vídeo podedes comprobar que ben o pasamos:

  
Por outro lado, quinto e sexto foron este ano vivir unha experiencia magnífica: surf na praia de Razo. Tiveron a ocasión de recibir unhas leccións rápidas na area e enredar xogando antes de dirixirse á auga para poñer en práctica todo o aprendido. O surf non é doado, pero algún e algunha de seguro espertou a curiosidade e no verán continuará a aprender esta modalidade deportiva acuática. No seguinte enlace atoparedes información para poder apuntarvos a algunha das moitas escolas que hai pola zona.