Ben sabedes que este curso a meteoroloxía non nos acompañou para facer todas as actividades deportivas previstas ao aire libre. Foi unha mágoa!! Pero para compensalo, as saídas de final de curso viñeron cheas de aventuras, movemento e exercicio. Foi fantástico!! Repetiremos para o curso.
Por unha parte, terceiro e cuarto foron a Galipark. Un sitio fenomenal cheo de diversión por todos e cada un dos seus rincóns. Nel pódese atopar tirolina, rocódromo, piscina, lasertag e un montón de actividades interesantes. Está aberto durante todo o ano para todo tipo de público: oportunidade xenial para pasar un bo rato en familia. No seguinte vídeo podedes comprobar que ben o pasamos:
Por outro lado, quinto e sexto foron este ano vivir unha experiencia magnífica: surf na praia de Razo. Tiveron a ocasión de recibir unhas leccións rápidas na area e enredar xogando antes de dirixirse á auga para poñer en práctica todo o aprendido. O surf non é doado, pero algún e algunha de seguro espertou a curiosidade e no verán continuará a aprender esta modalidade deportiva acuática. No seguinte enlace atoparedes información para poder apuntarvos a algunha das moitas escolas que hai pola zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario