ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

sábado, 8 de marzo de 2014

Xornada ciclista no CPI

De volta do Entroido, que mellor forma de voltar que en bicicleta ao colexio!. Oxalá fora unha práctica máis extendida a de vir ao cole na bici dende casa.... O Clube ciclista de Carballo (www.cccarballo.com)propúxonos unhas xornadas de circuitos variados con bicicletas e aceptamos cos ollos pechados. Así que o seu técnico Juan estivo no noso centro con maís compañeiros do clube có fin de ensinarnos o uso básico da bicicleta,como subirnos a ela, como subir e baixar bordillos da acera,rampas,escalones.... E con todos estos elementos montou un circuito adapatado en función ds idades e características do alumnado. As xornadas desenvolvéronse en dúas mañáns no noso cole de primaria e anteriormente xa estivera con alumnado de secundaria. O xoves 6 de marzo tocoulle o turno ao alumnado de 4º ,5º e 6º de educación primaria e o venres 7 de marzo ao alumnado de 1º ,2º e 3º de primaria. Tivemos moita sorte co tempo dado que nos acompañou o sol durante as dúas mañáns de celebración das xornadas. Quedamos moi contentos coa xornada e aos pequenos serviulle para perder o medo a subir e baixar aceras, rampas ou calquera elemento que se atope polo camino... Moitas grazas a Juan e aos seus compañeiros do clube por facernos a visita e oxalá nos teñan en conta de novo o próximo curso. Aquí vos deixo algunhas fotos das que sacamos durante a xornada de bicis:

6 comentarios:

  1. marisagago@gmail.com18 de marzo de 2014, 08:34

    QUE idea mais boa estaban encantados parabens os proves¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  2. encantoume andar ca vicicleta
    laura3a

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. alégrome moito, Laura, para o ano faremos máis actividades coas bicicletas!

      Eliminar
  3. Todos os colexios deberían facer estas cousas.

    ResponderEliminar
  4. nos gustó mucho el circuito de bicicletas

    ResponderEliminar
  5. Moloume moito que pena que para o ano non estou.


    Uxía 6ºA

    ResponderEliminar