ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 28 de xuño de 2016

Día da bicicleta no Alcalde Xosé Pichel

No mes de xuño e contando coa colaboración do Clube Ciclista Carballo celebrouse no noso centro o día da bicicleta.
O alumnado que puido dispoñer da súa propia bici acudiu con ela ao colexio e o que non puido facelo, contou coas bicicletas prestadas polo clube.
Recibiron una pequena charla introductoria sobre normas viarias de circulación nas estradas coas bicicletas e posteriormente fixeron un circuito con obstáculos e rampas dentro do patio do colexio.
Foi unha gran experiencia para todos, grandes e pequenos, dado que a actividade realizouse para todo o alumnado de primaria.

Podemos velos disfrutando do paseo en bicicleta:

Baile moderno e zumba no pichel

No último trimestre o alumnado de primeiro a sexto de educación primaria soltou a melena e fixo os seu pinitos co baile moderno, aeróbic e zumba.
Aquí temos unha mostra:




Actividade de Surf de fin de curso

O alumnado de quinto e sexto curso de educación primaria do centro despediron o curso facendo sur na praia de Razo.
Foi unha divertida xornada de praia, cun tempo soleado e pouco ventoso.
Os alumnos e alumnas disfrutaron dun curso de sur coa escola Art Sur Razo, os monitores explicaron as posibilidades de estabilizarse enriba da táboa, e coller unha boa posición de cara a coller as olas.