ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

sábado, 25 de abril de 2015

Asociación Íntegro e Martín Varela no cole!

A emoción embargounos o pasado mércores 22 de abril estiveron  no noso centro a Asociación de discapacitados Íntegro e o deportista de élite Martín Varela dando unha charla e unha exhibición de tenis en cadeira de rodas.
Gran profesional do tenis e gran persoa demostrou o seu talento como deportista de élite que é e como persoa pola cercanía de cara aos pequenos do centro e aos mestres que o acompañamos.
A Asociación Íntegro e Martín Varela deron unha charla sobre accidentes de tráfico e imprudencias ao volante e contaron as consecuencias.
Falaron tamén sobre a discapacidade física e a superación persoal; Martín acercounos de cerca á súa vida deportiva e como foi a súa incorporación progresiva ao tenis .
Mostrounos imaxes e vídeos de grandes deportistas que xogan ao tenis en cadeira de rodas, amosando o seu esforzo persoal por lograr os seus soños de xogar ao tenis.
Despois da charla, estivemos no polideportivo e Martín Varela acercounos ao xogo do tenis, pero coa dificultade añadida de facelo en cadeira de rodas.....Especialmente complicado....manexar a cadeira de rodas,facer xiros para colocarse no campo, agarrar coa outra man a raqueta.....uff....demasiados estímulos moi difíciles de controlar...
Martín xogou con alumnado de primaria e secundaria do centro, mostrando ter un trato cordial e afectivo con eles.
Foi un día moi emocionante e de gran aprendizaxe para todos os que alí estivemos:
ESPIRITO DE SUPERACIÓN!
Ollade as fotos de ese día:







6 comentarios:

  1. Foi unha experiencia única e divertidísima

    ResponderEliminar
  2. Martín pensamos que fixeches un gran esforzo para chegar tan lonxe no tenis

    ResponderEliminar
  3. Gustoume moito Martin Varela. Xogaba moy ben.


    Maria 4 ºA

    ResponderEliminar
  4. Otra vez😤 hola soy yo enrique el de 5º y me gusto mucho como jugo martin varela

    ResponderEliminar
  5. Sei que chego algo tarde, querolle dar a enoraboa a Martin porque unha persoa coa sua discapacidade e que poida xogar tan ven merece un aplauso!!!!!

    ResponderEliminar