ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

martes, 29 de marzo de 2016

XORNADA LÚDICO CULTURAL PICHEL -CANOSA RUS

O pasado mércores 16 de abril celebrouse a primeira xornada deportiva deste curso escolar.
O alumnado de cuarto de primaria do Ceip Canosa Rus acercouse ao noso centro para coñecernos, coñecer o centro, a biblioteca e ter unha xornada de xogos e contos especial.
Así aconteceu: ao chegar como xa todos quedaramos en levar posto unha chapiña ou cartulina co noso nome,pois xa resultaron máis doadas as presentacións.
E despois de ensinarlles as instalacións principais onde ía levarse a acabo a xornada deportiva; polideportivo e pistas exteriores, comezou a xornada deportiva.
Comezamos cos xogos de brilé, balón torre e fútbol sen balón; aproveitamos a unificar regras e tivemos de árbitros colaboradores a algúns alumnos da E.S.O. que nos botaron unha man no tema deportivo.
Tras estos xogos chegou a hora do recreo e merenda; ocasión moi ben aproveitada para seguir coñecéndose e falando xuntos os alumnos de ambos centros.
E posteriormente acudimos á biblioteca do centro "Asunción Antelo" onde o alumnado de ambos centros preparara con anterioridade unhas historietas, cancións, chistes...cos cales se divertiron un bó anaco.

E tras esta xornada ben aproveitada a nivel deportivo e cultural, o alumnado do Ceip Canosa Rus voltou ao seu centro escolar. Tras un "ata logo" dos compañeiros do Ceip Alcalde Xosé Pichel.
Foi unha agradable e divertida xornada.