ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 31 de maio de 2018

AS MERENDAS A REVISIÓN

 Merendas... E ao patio!!



 Durante un trimestre, varios grupos se prestaron voluntarios para realizar un análise das merendas do recreo da mañá. Cada día e de forma individual, tiñan que cubrir nunha táboa como a que sigue, o alimento ou alimentos que traían á escola e completar o recadro correspondente se non aparecía xa incluído na lista.



  Os datos obtidos móstranse na seguinte gráfica: 

Tras da súa análise, tiramos as seguintes conclusións:
  • Comezando polos alimentos máis saudables e referíndonos en concreto á froita apréciase que só hai un 12% de alumnado que a trae para a merenda dos recreos pese a ser un alimento que proporciona unha gran cantidade de nutrintes á par que aporta sensación de saciedade.
  • Observamos que, pola contra, é moi alta a porcentaxe de nenos e nenas que merendan alimentos pouco saudables e ricos en azucres e graxas saturadas tales como galletas, cun elevado número dun 31%,  ou bolería, que supón un 17% do tota. Moitos destes produtos incorporan na súa lista de ingredientes aceite de palma, elemento que se está a demostrar ten efectos perxudiciais para a saúde.
  • Entre os alimentos que se recomendan de consumo esporádico atópanse os bocadillos, tamén cunha porcentaxe elevada dun 16% aínda que dentro deles podemos atopar variantes máis ou menos saudables en función do contido: é maioritaria a presenza de recheos de consumo que sin embargo tería que ser só moi ocasional (especialmente embutidos graxos e cremas de untar de chocolate) fronte a opcións vexetais ou máis magras.
  • Os lácteos son consumidos por un 18,6% e entre eles os queixiños e batidos son especialmente numerosos.
  • Unha porción minoritaria de nenos e nenas optan polo consumo de tortiñas de distintos cereais e de xeito pouco significativo en ocasións aparecen outros produtos coma doces, golosinas ou mesmo pizza.

  Con todo isto, profes e alumnnado fomos conscientes da realidade dos nosos hábitos alimentarios nunha pequena parte do día e acordamos que debemos facer algo para mudar positivamente esta situación. Comprometémonos a facer algo máis serio para o vindeiro curso e comezar a preocuparnos dende xa polos alimentos que traemos ao cole para o recreo. Así que... Mans á cociña!!

 Sabemos que hai moitas alternativas saudables á hora de escoller a merenda pero por se vos pode servir de axuda, incluímos algúns consellos para papás e mamás que podedes ver dentro do programa de Objetivo Bienestar e ademais enlazan un vídeo con ideas creativas. Podedes velo, aquí.
  
  Lembrade que "somos o que comemos", e sen dúbida podemos facelo ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario