ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 19 de setembro de 2016

Benvidos e benvidas!!!

  Comeza un novo curso que ven cargado de moita ilusión e unha chea de curiosidade e dende a área de Educación Física queremos aproveitar para darvos a benvida a vós, a todos os alumnos e alumnas do CPI Alcalde Xosé Pichel.

  Como xa sabedes, o meu nome é María. Serei a vosa profe tomando o relevo de Estela e co obxectivo principal de que o pasemos ben xuntos e aprendamos todo o que poidamos. O blogue serviranos para estar máis informados, resolver dúbidas e tamén para que teñades ao voso alcance as noticias que teñan que ver con esta área. Gustaríame que vos animásedes a participar xa que a vosa opinión é moi importante. Colgarei unhas normas moi sinxelas para poder facer comentarios. 

  Lembrade vir ás sesións con roupa deportiva, bolsa de aseo e, sobre todo, gañas de aprender cousas novas e mellorar as que xa sabemos!

  Aproveitade os tempos de lecer, deixade de lado as maquiniñas e... a xogar e a correr cos amigos e amigas!!! 

2 comentarios:

  1. María,son Estela, encántame o blogue!!
    E así podo seguir as vosas andaduras!! SAUDIÑOS E ACHUCHONS PARA TODOS

    ResponderEliminar
  2. Claro que si!! sempre hai tempo para saber dos bos profes, que deixaches moitos recordos no Pichel. Aquí cantos máis, mellor! Benvida de novo Estela!

    ResponderEliminar