O 4 de abril, participamos por primeira vez en deporte de orientación. Na fase interzonal de Boiro.
os cursos de 3º e 4º ESO, enfrentáronse a unha proba fora da casa despois de adestrar con Susana Penas durante as clases de Educación Física durante o trimestre.
Acompañados por Susana Penas e Elena Alcoba e unha coidadora do CPI, experimentamos unha xornada con moitísima participación e que compartimos con nenos e nenas de diferentes institutos de Galicia. E na que, sen dúbida, a diversidade funcional non foi obstáculo para pasalo ben.
Aquí tendes a lista dos participantes preparada por Susana Penas e algunhas fotos; tiquets individuais que te entregaban co resultado de cada participante, un dos mapas con lendas, unha baliza ca pinza electrónica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario