ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 25 de abril de 2018

DE ONDE VEN O LEITE?

 
 Unha alimentación saudable é un requisito imprescindible para garantir un bo estado físico e para que nos atopemos moito mellor. Tamén nos axudará a previr enfermidades, reducir os índices de obesidade e obter máis enerxía para movernos e para as tarefas do día a día. Dende o ministerio de Agricultura e pesca preséntannos a campaña:


(Se pinchas no enlace poderás coñecer máis detalles!)

 A través da mesma, pretendemos fomentar a importancia do consumo de leite e produtos lácteos entre a población infantil xa que son alimentos que conteñen unha importante riqueza en elementos nutritivos e un grande valor alimenticio que contribúe a levar unha dieta equilibrada.
 Todo isto foi presentado de forma lúdica de xeito que os nosos nenos e nenas aprenderon que hai diferentes tipos de alimentos; algúns dos cales debemos reducir o seu consumo pero outros, como os lácteos, que son importantes para o crecemento. Tamén nos informaron de cales son os pasos que sigue o leite dende que é obtido das vacas ata que finalmente se envasa para o seu consumo ou ben se transforma en derivados como os iogures ou o queixo. Todo está boísimo!! Pero agora xa sabemos en que cantidade debemos introducilo na nosa dieta diaria. E tamén de que hai cousas das que non debemos abusar!

  E para que teñamos sempre de referencia, esta é a pirámide alimentaria máis reciente, que inclúe as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, para unha dieta equilibrada e variada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario