ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 20 de novembro de 2011

PREPARADOS,LISTOS... XA!!


O próximo mércores 7 de decembro hai unha carreira de campo a través en Cee, no campo de fútbol do Xallas.
Do noso cole participan os cursos dende 3º ata 6 de educación primaria, para moitos alumnos é algo novo e moi motivante,porque é a primeira vez que participan e están moi emocionados.
A verdade é que xa levan uns días preparándose nas clases de educación física para ese GRAN DIA! e están dando o mellor de si mesmos.
Alí participarán outros moitos coles da Costa da Morte,Cee,Vimianzo,Ponte do Porto,Fisterra...será un día de aforo completo alí en Cee.
As categorías para a carreira son
BENXAMIN,ALEVIN E INFANTIL e as distancias que deben correr cada unha son:

BENXAMIN (alumnado masculino e feminino de 3º) 500metros.
ALEVIN FEMININO (alumnas de 4º e 5º ) 600metros.
ALEVIN MASCULINO (alumnos de 4º e 5º) 800metros.
INFANTIL FEMININO(alumnas 6º)800 metros.
INFANTIL MASCULINO (alumnos de 6º) 1200 metros

A idea principal é disfrutar a tope desa saída, de compartir xuntos o día, a carreira,a comida e todo en xeral;así que solo queda decir que moito ANIMO A TODOS OS PARTICIPANTES!!

1 comentario: