ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

mércores, 23 de febreiro de 2011

PREVISION DE BO TEMPO PARA A XORNADA DEPORTIVA DO VENRES

Mirando a previsión de meteogalicia para a xornada deportiva do venres,meteogalicia da bó tempo:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action

Iso é boa sinal porque así poderemos xogar dentro e fora do polideportivo de Vimianzo e disfrutaremos máis do xogo e de maior tempo de xogo.
O planteamento será o seguinte :5º e 6º xogaran de forma simultánea,todos ao mesmo tempo,é dicir vai haber 2 campos de fútbol dentro do polideportivo,e fora haberá un partido de baloncesto, outro de balón torre e dous de brilé;así que poderemos xogar fora todos os partidos,excepto fútbol que será dentro da instalación cuberta.
Os equipos serán 5A,5B e 5C,6A,6B e6C e xogaremos contra o mesmo equipo nos tres deportes e logo outra ronda máis dos tres deportes pero contra outro equipo distinto,entendemos?? é por cuestión de tempo;nós non temos máis tempo porque sobre as 12,20 temos que marcharnos para chegar ao comedor.
Primeiro arbitrarán 6 nenos do cole de Vimianzo, na primeira ronda, e logo na segunda ronda,6 nenos do noso centro.
Comento así por riba algunhas das normas que xa sabemos:


BALONCESTO: Non se permiten DOBRES (botar,coller o balon nas mans e voltar a botalo) nin PASOS (desprazarse co balón nas mans máis de dous pasos)
BRILE:Comeza un brilado en cada campo;que logo se incorporará ao seu campo.Unha vez brilado alguén poderá voltar ao terreno de xogo do seu campo si brila a alguén do equipo contrario.Non se poderá quitar o balón das mans.

FUTBOL:Como mínimo para o gol sexa válido haberá que pasarlle o balón a unha rapaza,do contrario non será dado por válido o gol.

O resto de normas son as que xa coñecemos,e coas que xogamos habitualmente.

Considero oportuno avisar sobre a forma de actuar e xogar cos compañeiros do cole de Vimianzo,espero non ocurra, pola nosa parte,ningún tipo de problema deste tipo (en canto a insultos, conducta antideportiva...);nese caso o alumno será apartado do xogo e pode ser que do resto de xornadas deportivas, en caso de haber máis este curso.

Solo me queda ANIMARVOS A XOGAR E DISFRUTAR DO XOGO LIMPO!!!

3 comentarios:

  1. Que ben! Espero que os de Meteogalicia non se enganen.
    Xornada de deporte e xogos en boa compañía... Pasarémolo xenial e se fai bo tempo, que máis se pode pedir?
    Xa me tarda que sexa venres!

    ResponderEliminar
  2. Foi todo un éxito!!!
    Noraboa á organizadora!

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias!,pero houbo fallitos...que intentaremos subsanalos para a próxima vez.

    ResponderEliminar