ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

venres, 5 de maio de 2017

PON UNHA BICI NA TÚA VIDA

MONTANDO EN BICICLETA... AXUDAS AO PLANETA!!!!
    Agora que xa pasou a data e vivistes a experiencia, xa vos resulta un lema coñecido 😀 Pero imos comezar polo prinicpio da historia...

  O sedentarismo, ou a falta de actividade física, é unha das enfermidades máis frecuentes a día de hoxe. De feito, os estilos de vida sedentarios son unha importante causa de obesidade, discapacidade e mortalidade. Podedes comprobalo vós mesmos nas vosas casas ou cos amigos e amigas.. Moitos nenos e nenas pasades os vosos ratos de lecer co ordenador, a tablet, o teléfono móvil, os videoxogos ou mesmo a televisión en lugar de xogar fora, correr ou practicar algunha actividade física. A meirande parte acudides ao cole en transporte escolar ou ben en coche e só uns poucos e poucas o fan a pé ou mesmo en bici. 

    Por todo isto, un profe de E.F. de Murcia, tivo unha idea brillante: provocar un cambio nos estilos de vida dos alumnos/as facéndoos máis predispostos cara a actividade física. Pero.. Como?? promocionando e promovendo o uso da bicicleta no centro escolar. Alberto, que así se chama este superprofe, propuxo aos nenos/as deste centro que, sempre que lles fose posible, acudisen todos os días ao colexio en bicicleta. Pero non se conformou con isto! Decidiu incluír a todos os nenos/as posibles e ideou unha longa viaxe dende o seu centro: o CEIP San Roque de Ceutí, en Murcia, ata o noso: o CPI San Roque de Coristanco! Case 1.150 km!!! 
   Organizou unha campaña que ten como eslogan "Montando en bicicleta, axudas ao planeta". Este é o enlace da páxina onde podedes atopar toda a información:



   No noso cole tamén quixemos colaborar e na última etapa da súa viaxe, acompañástelo coma un xigantesco equipo ciclista, moitos coas vosas bicis e ben equipados de forma segura co casco. A profe María Dolores comprometeuse a fondo co proxecto e inclusive conseguiu un arco de meta para que a chegada fose aínda máis espectacular se cabe!! Non teño dúbida de que foi unha xornada xenial, chea de ilusión e de novas vivencias e unha grande mágoa ter que perdela. 

  Aínda que non será fácil volver a repetila pronto, si me gustaría dende aquí lanzar un reto... Agora que a climatoloxía é máis suave e o sol nos acompaña máis a miúdo... Porque non lle propoñedes aos vosos papás e mamás cambiar o traxecto ao cole en coche pola bici ou mesmo a camiñata?? Non sempre será posible, pero se aproveitades as ocasións que teñades de seguro pasaredes un bo ratiño en familia e o camiño para a escola será máis ameno. Probádeo e contádeme!!!





1 comentario: