ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 1 de maio de 2017

SEPARADOS POLA REDE, XUNTOS/AS COMA EQUIPO: O VOLEIBOL!


Voleibol

  O voleibol é un deporte que combina o traballo en equipo, a destreza, a axilidade física e mental e que naceu en 1985 en EEUU debido ás inquedanzas dun mestre de educación física. Trátase dun deporte colectivo onde dous equipos se enfrontan sobre un terreo de xogo liso separados por unha rede central, tratando de pasar o balón por riba da mesma cara o chan do campo contrario. O balón pode ser tocado ou impulsado con golpes limpos, pero non pode ser parado, suxeitado ou retido. Cada equipo dispón dun máximo de tres toques para devolver o balón aos adversarios/as. Unha das características máis peculiares deste deporte é que os xogadores/as teñen que ir rotando as súas posicións no campo a medida que van logrando puntos. 

  O voleibol é, ademais, un dos deportes onde é maior a paridade entre as competicións masculinas e femininas, tanto polo nivel da competición coma pola popularidade, presenza nos medios e público que segue aos equipos.

Os partidos
  Un partido está formado por 3, 4 ou 5 sets. No momento no que un dos equipos acumula 3 sets, gaña o partido. Este set se consigue cando acada ou supera os 25 puntos cunha diferencia de 2 co equipo contrario. No caso de que sexa preciso un quinto set, a puntuación redúcese ata 15 pero mantendo os 2 puntos de diferenza co contrario. 
.
Xogadores e posición no campo
  Cada equipo ten 6 xogadores/as e as posicións numéranse da seguinte forma:
  • Os 3 xogadores/as colocados fronte á rede son os dianteiros e ocupan as posicións 2, 3 e 4.
  • Os outros 3 xogadores/as son os zagueiros e ocupan as posicións 1, 6 e 5 como podedes ver na seguinte imaxe: 


O voleibol ten unha característica peculiar: a rotación. Que significa isto? Que os deportistas irán cambiando a súa posición no campo (rotando) en sentido contrario ás agullas do reloxio cada vez que arrebatan o saque ao equipo contrario. Deste xeito, o/a que estaba na posición 1 rotará ata o 6; o/a que estaba na 6 rotará á 5 e así sucesivamente todos e cada un dos xogadores/as que irán pasando polas posicións de dianteiros e zagueiros.



O campo de xogo
O campo onde se xoga a voleibol é un rectángulo de 18 m de largo por 9 m de ancho, dividido na súa liña central pola rede que separa a ambos equipos. En realidade, o xogo desenvólvese tamén no exterior, na zona libre, a condición de que o balón non toque o chan nin outro elemento. A zona libre terá polo menos 3 m. Tamén á mesma distancia da rede (3 m), unha liña delimita en cada campo a zona de ataque.

1. ZONA LIBRE.
2. LÍNEA CENTRAL.
3. LÍNEA DE FONDO.
4. LÍNEA LATERAL.
5. LÍNEA DE ATAQUE.
6. ZONA DE SAQUE.
7. ZONA DEFENSIVA.
8. ZONA DE ATAQUE.
9. PRIMER ÁRBITRO.
10.SEGUNDO ÁRBITRO.
11. ANOTADOR.
12. BANQUILLO.




Os fundamentos técnicos do voleibol

 Na imaxe podedes ver os elementos técnicos máis importantes deste deporte: saque, recepción, colocación, ataque, bloqueo e defensa. 


1. Saque ou servicio: realízase dende calqueira punto detrás da liña de fondo, existindo distintas formas de sacar: saque de man baixa (o máis doado e seguro), saque de arriba ou de tenis (máis potente e complexo) e saque de arriba con salto, que é o que require de maior dificultade. Nos seguintes vídeos podedes ver como se realiza cada un.


2. Recepción e pase: tras do saque do equipo contrario a misión é recepcionalo balón e xogalo da mellor forma posible para atacar eficazmente e conseguir punto. Úsanse fundamentalmente dúas técnicas: pase de dedos e toque de man baixa ou antebrazos. O primeiro emprégase sobre todo para a colocación do balón no segundo toque e o segundo para o control do balón tras do saque. Como se realiza cada un deles? Nos seguintes vídeos poderedes aprendelos:

3. Colocación: permite elevar o balón no propio campo para facilitar a labor de ataque finalizando normalmente cun remate ou finta.

4. Ataque: O remate é o xesto técnico por excelencia desta fase. Ten como misión superar a rede e a defensa ou bloqueo do equipo contrario, enviando o balón directamente cara o chan rival. É un golpeo potente e rápido.

5. Bloqueo: é a acción encamiñada a interceptar calqueira ataque do equipo contrario, saltando xunto á rede cos brazos alzados e buscando devolver directamente o balón ao campo do contrario. Poden participar nel ata 3 xogadores/as.


Como xogar voleibol?

  Para que aprendades mellor como é o sistema de xogo neste deporte, botádelle unha ollada aos seguintes enlaces.




 O voleipraia!

  E xa para rematar e agora que imos directos cara o verán, Berni preséntavos unha opción super atractiva para que a poidades aproveitar nos vosos dias de praia: o voleipraia. Se o probades de seguro repetiredes!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario