O pasado xoves 25 de maio celebramos por fin a esperada xornada deportiva de convivencia cos alumnosas de 6º E.P. do CEIP Canosa-Rus. Recibímolos a primeira hora da mañá e tras unha breve presentación, nos dispuxemos a comezar a actividade deportiva. Nesta ocasión participamos en 3 xogos: fútbol sen balón, balón torre e brilé. Os equipos estaban formados por xogadores/as de ambos centros e identificados con petos de cores. Ademais, para facilitar a comunicación e o coñecemento mutuo, cada neno e nena levaba enganchada unha tarxetiña onde se vía o seu nome.
O tempo acompañou e os partidos transcorreron nun ambiente excepcional de compañeirismo, xogo limpo e respecto polos outros/as e as normas. Tan só houbo un pequeno lesionado que rapidamente se recuperou.
Logo da xornada deportiva chegou o momento do recreo e con el a hora de recuperar forzas cunha boa merenda e a oportunidade de convivir durante un intre máis xogando libremente.
Tras desta pausa, acercámonos á biblioteca onde os nosos alumnos/as de 6º dramatizaron os contos que con tanta ilusión levaban toda a semana practicando: a poesía "El ciempiés futbolista", de Gloria Fuertes, por parte de 6ºA; e "Este é Toribio" e "Toribio, o contador de contos", de Carlos Casares, por parte de 6ºB. Con isto e co agradecemento pola visita, demos por finalizada a xornada de convivencia, non sen antes desexar un bo final de curso e coa intención de repetir a experiencia para o vindeiro curso. Cousa que agardamos con expectación!
Velaiquí o enlace ao vídeo no que podedes comprobar o ben que o pasamos!
<iframe width="800" height="450" src="http://www.kizoa.com/embed-116911420-7628926o2l1" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
E non vos perdades a experiencia na biblioteca!
https://www.youtube.com/watch?v=usY9bJkNX8g
https://www.youtube.com/watch?time_continue=8&v=ftgSoCKmaHE
https://www.youtube.com/watch?v=9G7vBLDr_iw
Ningún comentario:
Publicar un comentario