Retomamos este curso as carreiras de campo a través!!
A primeira cita será o vindeiro 5 de decembro e a ela asistirán alumnos e alumnas dende 3º a 6º. Mentres, nas clases de Educación Física imos adicando un ratiño de cada sesión a mellorar a nosa condición física por medio de distintos xogos e tarefas de carreiras. O obxectivo final non é gañar, senón ser quen de aguantar cada vez mellor e máis tempo de esforzo e, por suposto, pasalo ben e disfrutar do deporte. Ide preparando as zapatillas porque en nada nos vemos en Cee! A cita será no estadio de San Paio Refoxo, coma noutras ocasións.
Déixovos a información que recibimos sobre o circuíto para que lle botedes unha ollada e para que convidedes aos vosos familiares que acudan a animarvos.
https://xogade.xunta.gal/adjuntos/cCalendario/14_1_normativa..._3.pdf
Aquí podedes ver o plano do percorrido para as distintas categorías
:
https://xogade.xunta.gal/adjuntos/cCalendario/14_1_plano..._2.pdf
Aquí podedes ver o plano do percorrido para as distintas categorías
:
https://xogade.xunta.gal/adjuntos/cCalendario/14_1_plano..._2.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario