ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

luns, 16 de maio de 2011

XORNADA LÚDICA E DEPORTIVA EN MUXIA

O alumnado de sexto curso de CPI ALCALDE XOSE PICHEL DE CORISTANCO acudiu ansioso a participar nunha xornada cultural-lúdico-deportiva no CEIP OS MUIÑOS DE MUXIA.
Explicamos por partes,a xornada é das xuntanzas que se fan na costa da Morte, na que se xoga aos deportes preparados polos mestres dos centros que interveñen;pero nesta ocasión fixemos visita cultural deportiva e lúdica.
Aproveitamos da boa vontade do alumnado e mestra do 6º curso dos Muíños co que íbamos a xogar;eles traballan por proxectos,ao igual que noutros curso de primaria do mesmo centro;entón pedímoslles si nos podían explicar brevemente como era iso de traballar por "proxectos";entón a mestra Isabel Tomé e o seu alumnado contáronos con claridade e entusiasmo o seu traballo diario na aula (busca e interación continua prensa,internet,libros....)
Penso que a todos nos deixou algo impresionados o seu método de aprendizaxe,pola necesaria implicación da mestra en cuestión e a necesidade de interación do alumnado.O alumnado está convencido de que desta forma aprenden máis e están máis motivados polo estudo.
Por outro lado aproveitamos a visita deportiva para visitar de forma fugaz algunhas zonas dignas de coñecer de Muxía;como pode ser o santuario da Virxen da Barca,Pedra de Balar,O Corpiño...
Foi unha xornada moi completa a todos os niveis de aprendizaxe e por outro lado de coñecer espazos novos e sobre todos amigos novos,porque a xuntanza serviu para que o alumnado de ambos centros compartisen xogos,conversas,comida e os seus enderezos de correo para poder seguir en contacto.Creo que aprenderon a esencia das xornadas deportivas:compartir actividade física e facer amigos; aspecto co cal fainos sentir motivados aos mestres como para seguir adiante con estas xuntanzas.

Moitas grazas a Isabel Tomé polo entusiasmo posto na explicación sobre o traballo por proxectos, ao alumnado de sexto dos Muíños polos trípticos que nos fixeron con esas ilustracións tan bonitas, que nos sirven de guías para ver o máis bonito de Muxía;grazas ao mestre Paco pola súa colaboración e disposición sempre e para todo;a Begoña pola súa colaboración,ao equipo directivo polo recibimento e a todo o alumnado ao que sempre botarei de menos,polo seu cariño mostrado cara ao alumnado e mestres de Coristanco.
E por suposto agradecer as miñas compis de sexto, que son incondicinais das miñas saídas deportivas,caina ou non chuzos de punta....Laura e María Dolores.

ESPERO QUE VOS GUSTE O VIDEO! UN BICO!!:

3 comentarios:

  1. Bo traballo profe!
    Nótase que os nenos/as desfrutan moito con isto das xornadas.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Está xenial Estela, gústame moito a montaxe e na xornada pasámolo pipa.
    Hai que repetir!

    ResponderEliminar
  3. Graciñas compis!! faremos máis para o ano que ven!!

    ResponderEliminar