Como xa sabedes o martes 17de abril é o día das letras galegas e este ano vai dirixida ao escritor LOIS PEREIRO.
Ademáis de colaborar cos vosos escritos da pasada semana (poesía,narración, comic,debuxos...)no cole na parte adicada á educación física e deporte tamén adicamos o noso espazo pola cultura e tradicións galegas, neste aspecto adicámonos aos xogos populares coñecidos polas vosas familias.
Con dito motivo fixéchedes os traballos, que están expostos na planta baixa do cole, e estivemos adicando as últimas clases a practicar os xogos populares como saltos á corda cantando, xogos con gomas, canicas, chapas,mariolas,bolos,tres en raia, peón etc.
Para esta semana que entra o mércores xa comezamos nos recreos a vivencia de "ENSINAMOS AOS PEQUENOS" que consiste en que vós,o alumnado de 5º e 6º curso do cole ides a ensinar aos pequenos dende infantil ata 4º de primaria aos xogos que xa aprendíchedes con anterioridade e así pasar un tempo de lecer entretido e significativo.
Dar grazas ao mestre Suso por ensinarnos a xogar ao peón,xogo no que ten bastante experiencia.
Así que xa sabedes...a xogarrr
Ningún comentario:
Publicar un comentario