ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

xoves, 29 de marzo de 2012

martes, 27 de marzo de 2012

INAUGURAMOS O CUARTO PICHELIN !!

Onte foi a inauguración oficial do noso "CUARTO PICHELIN" de xogos. A verdade quedou estupendo para o disfrute dos pequenos e non tan pequenos.Ese espazo era un "almacén" desaproveitado e desordenado e Javier, o noso conserxe, arranxouno, pintouno de colorines,fixo a mesa de ping-pong;unha mesa para o tablero de baloncesto...entre moitos outros arranxos...
Así agora o cuarto está preparado e acondicionado (xa que o Carrefour donounos calefactores para non pasar frío nese espazo e outros xogos didácticos)
Agora nos recreos podedes acudir para xogar ao ping-pong,lanzamento á canastra,diana electrónica,e outros xogos de mesa como trivial junior,damas, parchís... ou a pedir material prestado para xogar no tempo de recreo

Moitas grazas ,Javi!!! fantástico traballo, estamos moi contentos por poder disfrutar do "CUARTO PICHELIN".
Para aqueles que non o viron,atención, aí vai:



martes, 20 de marzo de 2012

Os cativiños do Pichel fan sicomotricidade

Os máis pequenos do cole, os de infantil de 3, 4 e 5 anos fan actividade física,xogos e un montón de cousas máis para estar en forma; botade un ollo e veredes o ben que o fan:





sábado, 10 de marzo de 2012

A unidade didáctica de Badminton comezou!

Esta semana comezamos a aprender bádmminton.
O primeiro que fixemos foi explicar en qué consistía este novo deporte e posteriormente vimos uns vídeos onde se explicaban os golpeos fundamentales.
Logo o alumnado de segundo e terceiro ciclo (3º,4º,5º,e 6º)de primaria trouxo as súas raquetas e con gran entusiasmo iniciáron os seus primeiros toques coa raqueta de bádminton.
Ao principio utilizaron globos en lugar de plumas para que a aprendizaxe fora máis asequible e posteriormente introduxemos plumas e combinando as dúas cousas.
Os pequenos aproveitan os recreos para xogar e perfecionar o seu xogo.
Botade un ollo aos progresos:

CAMPIONATO DE FUTBOL NOS RECREOS

Pois sí, nesta semana montouse un campionato de fútbol para xogar no tempo de lecer no noso centro.
Así que os que quixeron participar apuntáronse para facer os equipos e xa comezaron a xogar nesta semana;hai catro equipos mixtos e xogan entre eles da seguinte forma: xogan os dosu primeiros ata que mete gol algún deles e entón entran os outros dous e posteriormente os que perderon xogan para tercer ou cuarto posto e logo os que quedan xóganse o primeiro e segundo posto; e unha vez feito esto adxudícanse puntos.
Esta semana os partidos comezaron con moito auxe e incluso hai seguidores que acuden a ver os partidos e fan pancartas para animar aos seus compañeiros.