Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 17 de xuño de 2012
CARREIRA POPULAR DE CARBALLO
O domingo 17 de xuño celebrouse en Carballo unha carreira popular na que participaron alumnos de Educación primaria e Educación secundaria do CPI Alcalde Xosé Pichel.
A participación non foi moi abundante, pero sí excepcional, xa que os rapaces participantes deixaron a súa paisón na carreira, a pesar de ser un domingo e a unha horas "imprudenciais" para algúns que viñan con moito sono da cama.
Noraboa a todos!! expecialmente pola participación e o madrugón matutino, e as vosas familias por estar aí ao pé do cañón para estas cousas; e sobre todo aguantando o "chaparrón" literal que caeu na entrega de trofeos.
Mención especial para Ana e Enma que acadaron trofeos na categoría Infantil feminina.
Dende aquí anímovos a seguir así: A POR TODAS!!
Premiados polo trofeo conseguido
A pasada semana entragamos as mestras de Educación física de primaria e secundaria un pequeno detalle simbólico aos participantes na Carreira popular de Costa da Morte, celebrada este ano en Coristanco.
O xesto foi debido a que o centro recibiu un premio por ser o colexio que máis alumnado tiña participando na carreira;debido a esto homenaxeamos aos participantes polo seu esforzo!.
NORABOA A TODOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)