Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
luns, 27 de xaneiro de 2014
PRACTICAMOS HABILIDADES XIMNÁSTICAS
Comezou o segundo trimestre e estamos practicando xiros, equilibrios, saltos... Así comezamos con rodar adiante e atrás volteos xiros sobre o eixe lonxitudinal (facer a croqueta) ,comezamos con equilibrios e voltereta lateral. Ainda nos quedan cousiñas por aprender ,pero imos facéndoas con calma e moita axuda dos compañeiros, sin os cales non se poderían facer moitas das habilidades ximnásticas.
domingo, 26 de xaneiro de 2014
XOGO MOI DIVERTIDO!!!
Ollade hai un xogo sobre deporte, educación física, o corpo humano, a alimentación.... que resulta divertido e no que se poden aprender cousiñas:
http://www.activilandia.es/
XORNADA LÚDICA DEPORTIVA XOSÉ PICHEL-CANOSA RUS
Celebramos una xuntanza de xogo e deportes co colexio cercano e pertencente tamén a Coristanco, CEIP CANOSA RUS.
Acudiu o alumnado de sexto curso de educación primaria para xogar co noso alumnado de sexto tamén.
Os xogos nos que participaron foron brilé, balón torre e fútbol sen balón (xogo de pilla).
Ademais compartiron tempo de recreo conxunto para poñerse ao día pu xogar cos "colegas " do outro colexio.
Foi una mañán divertida e deportiva en todos os ámbitos.
CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS EN CEE
O pasado venres 24 de xaneiro celebrouse a proba de Campo a Través en Cee, na cal participaron centros da Costa da Morte como San Vicenzo De Vimianzo,Eugenio López de Cee,Santa Eulalia de Dumbría,entre outros...
O Cpi Alcalde Xosé Pichel estivo alí dando guerra, así que os pequenos dende terceiro ata sexto de Educación Primaria acudiron a correr e embarrarse un pouco na lama do campo de fútbol do Xallas de Cee.
Aquí deixo o recordó dese día:
BO ANO A TOD@S!
Benvidos de novo ao noso blogue de Educación Física no Pichel!!
Estamos de volta con ganas de facer moitas actividades xuntos!!
Así que como xa comezamos o segundo trimestre comentamos duas cousas:
estamos a traballar noc cole as habilidades ximnásticas e por outro lado
levouse a cabo a carreira de campo a través de Cee.
Si queredes ollade as seguintes entradas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)