Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
sábado, 22 de febreiro de 2014
O segundo ciclo visita o CEIP Mosteiro de Caaveiro
O alumnado do segundo ciclo acude de visita ao Ceip Mosteiro de Caaveiro, en A Capela, As Neves, a unha exposición do xogo popular galego,outra exposición do xoguete africano feito a man e traído do propio continente e a facer unha xornada lúdica de xogos populares guiados polos propios alumnos e alumnas de cuarto de educación primaria do colexio. Foi unha experiencia moi gratificante e divertida para todos, grazas a Xabi, o seu mestre de educación física por todas as atencións recibidas e aos seus alumnos por ter tanta paciencia e ser tan bós mestres! Ollade como disfrutamos:
COMEZAMOS CON ACROSPORT
Rematamos a unidade didáctica de habilidades ximnásticas e iniciamos ACROSPORT,por acrosport entendemos ximnasia acrobática que é unha disciplina que se practica por parellas as cales poden ser mixtas, tríos femininos, ou cuartetos masculinos. Atópase considerado como un deporte acrobático-coreográfico no cal se integran tres elementos fundamentais: formación de figuras ou pirámides corporais, acrobacias e elementos de forza, flexibilidade e equilibrios como ser a transición dunha figura a outra e elementos da danza..... Ollade como fan os nenos do Cpi Alcalde Xosé Pichel:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)