Queridísimos :
A vosa mestra de Educación física deséxavos unhas boas vacacións!!
Descansade, recargade as pilas e ...non deixedes de movervos!!
Ata setembro!!
Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
venres, 27 de xuño de 2014
Carreira de Carballo
O domingo 15 de xuño houbo a Carreira pedreste de Carballo e o alumnado do Cpi Alcalde Xosé Pichel acudiu á mesma.
Dende primeira hora da mañán iniciose a carreira dos máis pequenos, categorías alevín e posteriormente correron os infantís.
Do noso cole participaron alumnos de 4º,5º,6º de educación primaria e de 1º da E.S.O..
Todos fixeron moi boa carreira e esforzáronse moito por acabala.
Noraboa a todos os participantes!! O ano que ven espero que sean moitos maís os que participen!
Educación vial con Mapfre
Fai uns días tivemos a sorte de ter no noso centro a dous monitores de educación vial de Mapfre.
A través da páxina web de esta aseguradora descubrimos que teñen actividades organizadas para infantil e primaria de seguridade vial.
Así que non o pensamos dúas veces e contactamos con eles...e tivemos sorte!! Así que concedéronnos a actividade de seguridade vial en bicicletas no centro.
Trouxeron bicicletas, cascos, sinais de tráfico, e material diverso para a actividade.
Así que primeiro deron unha charla introdutoria sobre a importancia de respectar as sinais de tráfico, a diferenza entre o CEDA O PASO e o STOP.E logo outros sinais posibles que se poden atopar nas estradas.
Tamén explicaron a importancia do uso do casco cando se circula en bicicleta por calquera estrada e de elementos reflectantes para que os coches podan vernos con anterioridade e deixarnos un espazo mínimo de separación.
Así pois puxémonos mans á obra:
c
martes, 17 de xuño de 2014
Bádminton teoría e práctica
Nas últimas semanas do curso 2013-2014 en educación física aprendimos os coñecementos básicos sobre o bádminton.
Tales como que é un deporte de raqueta, que se pode xogar individual ou en parellas; se xoga cunha pluma e nun campo cunhas dimensións específicas.
O obxectivo do xogo é meter a pluma no campo contrario, e que o rival non sea capaz de devolvela.
O alumnado do terceiro ciclo presentou por escrito e expuso un traballo aos compañeiros de clase sobre o bádminton como deporte o e floorbal, para o cal levaron a cabo unha búsqueda en internet sobre a información precisa e o visionado de vídeos sobre a temática a traballar.
Ollade como fixemos para aprender o bádminton, ao principio comezamos a empregar globos en lugar de plumas, porque a pluma é algo moi lixeiro e que cae moi rápido ao chan e o globo da máis tempo a darlle coa raqueta antes de que caia ao chan.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)