|
O pasado venres 1 de abril celebramos no Cpi Alcalde Xosé Pichel de Coristanco o DIA MUNDIAL DO AUTISMO, que a data real de conmemoración foi o sábado día 2, pero como non estabamos no colexio ese día, decidimos facelo o venres. O centro engalanouse con globos azuis polos corredores e fiestras.Alumnos, mestres e demais persoal do centro levabamos posto unha pulsera azul como sinal da nosa implicación polo AUTISMO. Un grupo de alumnos do centro elaboraron unha preciosa pancarta conmemorativa da data. E aproveitamos o tempo de recreo para facer unha carreira de relevos co lema "PÁSAO" pasando un testigo azul como repreentativo do día que celebramos. Ademais baixamos ao patio pictogramas e outros elementos de comunicación que usamos coas persoas autistas para que o alumnado tivera opción a ver e comprender como é a comunicación que usamos coas persoas que teñen algunha dificultade neste sentido.
A implicación do alumnado foi máxima, xunto con algúns mestres que se animaron tamén a participar. Houbo moita emoción e dedicación na carreira por parte de todos. Foi un día especial e celebrado por todo o alto, como grito de guerra, para comunicar ao mundo que son PERSOAS con algunhas dificultades de comunicación que queren estar no mundo, como o resto.
|
|
| | |
| |
Añadir leyenda |
"Si pudieras entrar en mi silencio, entenderías mis miradas.
Si pudieras escuchar mi corazón, diría cuánto te quiero.
Si pudieras mirar más allá de mi distancia, sabrías que no quiero estar solo.
No me juzgues por no ser como tú, ni me pidas que llegue a serlo.
Yo tengo AUTISMO, pero SOY mucho MÁS que eso."