O luns 23 de maio o alumnado de 6º de primaria acudiu ao Ceip Canosa Rus de Corsitanco a unha xornada deportiva e de grandes ensinanzas de ciencias.
Así pois o alumnado de 6º curso de ambos centros disfrutaron de unha serie de xogos compartidos entre eles, tales como brilé, balón torre e fútbol sen balón.
Foron varios encontros xogados entre eles, sen rivalidade entre centros, e nun ambiente de total distensión e cordialidade.
Xogaron, coñecéronse, compartiron merenda e risas...moi grata experiencia de convivencia entre os centros.
Despois destos grandes momentos, os compañeiros de todo o colexio do Canosa Rus expuxo todo un proxecto enorme de extenso e ben feito sobre os dinosaurios.
Así é que aprendimos moito sobre ese tema, como tipoloxías de dinosaurios, alimentación, épocas nas que viviron, hipótesis sobre a súa desaparición...e moitísimas cousas máis que foron contadas dende o alumnado de infantildo seu colexio, pasando polo resto de aulas e alumnos de toda primaria. Unha experiencia moi formativa e interesante para nós.
Noraboa ao centro, alumnado e profesionais que traballan para aprender!!.
Noraboa ao alumnado de 6º de primaria do Ceip Canosa Rus e do CPI Alcalde Xosé Pichel, ámbolos dous de Coristanco pola boa convivencia e disfrute da xornada.
Aquí poñemos algunnhas fotos do día de convivencia, xogo e aprendizaxe: