ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

sábado, 26 de febreiro de 2011

PRIMEIRA XORNADA DEPORTIVA NO CEIP SAN VICENZO EN VIMIANZO

O venres 25 de febreiro celebramos a primeira xornada deportiva entre CPI ALCALDE XOSE PICHEL e CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO (3º ciclo).
A pesares dalgúns pequenos inconvintes como foi que non xogabamos coas mesmas regras nos dous colexios,a pesares de intentar unificar ao máximo os criterios de actuación por parte dos organizadores...(pero se nos escaparon algúns detalles) penso que disfrutamos todos,foi divertido,o tempo acompañounos ao longo da xornada,mellorando o disfrute.
Por certo!! moitísimas gracias á colaboración das mestras,que viñeron de acompañanantes ademáis de adestradoras deportivas,sin elas non poderiamos facer a xornadas deportivas,así que chicos dádelle as grazas as vosas titoras por acompañarnos nestas actividades lúdicas.
Por outro lado agradecer a organización ao colexio San Vicenzo, porque xa estaban preparados con todo listo para xogar cando nós chegamos alí,facilitando en todo momento o desenrolo do xogo e ademais déronnos botellíns de auga para reponer forzas entre os partidos.
Noraboa a todos por participar!!!!
Ao longo desta semana veremos algunhas fotos que probarán o comentado anteriormente.
Mirade o mestre de educación física de Vimianzo, Gerardo, fixo tamén un blogue de educación física para os seus alumnos, aquí vos deixo a dirección:

http://efsanvicenzo.blogspot.com/2010_10_01_archive.html

mércores, 23 de febreiro de 2011

PREVISION DE BO TEMPO PARA A XORNADA DEPORTIVA DO VENRES

Mirando a previsión de meteogalicia para a xornada deportiva do venres,meteogalicia da bó tempo:
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/localidades/localidadesIndex.action

Iso é boa sinal porque así poderemos xogar dentro e fora do polideportivo de Vimianzo e disfrutaremos máis do xogo e de maior tempo de xogo.
O planteamento será o seguinte :5º e 6º xogaran de forma simultánea,todos ao mesmo tempo,é dicir vai haber 2 campos de fútbol dentro do polideportivo,e fora haberá un partido de baloncesto, outro de balón torre e dous de brilé;así que poderemos xogar fora todos os partidos,excepto fútbol que será dentro da instalación cuberta.
Os equipos serán 5A,5B e 5C,6A,6B e6C e xogaremos contra o mesmo equipo nos tres deportes e logo outra ronda máis dos tres deportes pero contra outro equipo distinto,entendemos?? é por cuestión de tempo;nós non temos máis tempo porque sobre as 12,20 temos que marcharnos para chegar ao comedor.
Primeiro arbitrarán 6 nenos do cole de Vimianzo, na primeira ronda, e logo na segunda ronda,6 nenos do noso centro.
Comento así por riba algunhas das normas que xa sabemos:


BALONCESTO: Non se permiten DOBRES (botar,coller o balon nas mans e voltar a botalo) nin PASOS (desprazarse co balón nas mans máis de dous pasos)
BRILE:Comeza un brilado en cada campo;que logo se incorporará ao seu campo.Unha vez brilado alguén poderá voltar ao terreno de xogo do seu campo si brila a alguén do equipo contrario.Non se poderá quitar o balón das mans.

FUTBOL:Como mínimo para o gol sexa válido haberá que pasarlle o balón a unha rapaza,do contrario non será dado por válido o gol.

O resto de normas son as que xa coñecemos,e coas que xogamos habitualmente.

Considero oportuno avisar sobre a forma de actuar e xogar cos compañeiros do cole de Vimianzo,espero non ocurra, pola nosa parte,ningún tipo de problema deste tipo (en canto a insultos, conducta antideportiva...);nese caso o alumno será apartado do xogo e pode ser que do resto de xornadas deportivas, en caso de haber máis este curso.

Solo me queda ANIMARVOS A XOGAR E DISFRUTAR DO XOGO LIMPO!!!

sábado, 12 de febreiro de 2011

APLAZADA A XORNADA DEPORTIVA

POR PROBLEMAS DE COINCIDENCIA DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS NA MESMA DATA, CONSIDERAMOS OPORTUNO APLAZAR PARA O VENRES DA MESMA SEMANA A XORNADA DEPORTIVA,ASI QUE XOGAREMOS EN VIMIANZO O VENRES 25 DE FEBREIRO;ESTADES PREPARADOS??? A XOGARRR!!

domingo, 6 de febreiro de 2011

DATA DA PROXIMA XORNADA DEPORTIVA!!

PREPARADOS,LISTOS...E XAA!!!
Atendende!! xa temos data para a nosa primeira saída deportiva:
martes 22 de febreiro no CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO!!,non vos sona o cole?
Pois sí é onde nos deixaron comer o día que tivemos a carreira de campo a través de Cee,xogaremos e disfrutaremos da compañía dos nenos e nenas de Vimianzo.
Será a nosa primeira xornada, iremos os alumnos que o merezan de quinto e sexto de primaria do Pichel, durará toda a mañán e voltaremos a comer ao colexio.
Así que ídevos preparando para o gran día,vai ser divertido!.

Comezamos campionato interno de brilé

Coincidindo co comezo do segundo trimestre puxemos en marcha unha nova experiencia no noso centro do Pichel....Liga interna de brilé no terceiro ciclo!!
A liga sírvenos de entrenamento para as próximas saídas deportivas nas que xogaremos con outros nenos doutros colexios a xogos como brilé,balón torre, fútbol....
Así que toca poñernos as pilas e comezar a XOGARRRR!!!
MIRADE O BEN QUE O PASAMOS!!