Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 22 de abril de 2012
Visita ao C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro
O pasado venres 20 de abril o alumnado do terceiro ciclo do noso cole acudiu ao Centro de Interpretación do Xogo Popular, que está no C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro,situado na Capela,próximo ao concello de Pontedeume.
Alí no cole estaban esperándonos Xavier, mestre de Educación Física e os seus alumnos de 6º curso que fixeron de guías e mestres durante toda a xornada.
Xavier ensinounos as súas instalacións e sobre todo o Centro de interpretación do xogo popular, dado que teñen espazos habilitados para os xogos populares (billarda ou estornela, a porca, canicas, chapas, bolos,brilé,tres en raia, rá....).
E tras isto comezou o momento de xogar; o alumnado e mestres do Pichel participamos nos xogos populares preparados por Xavier e o seu alumnado para nós.Foi moi divertido e creo que todos o pasamos moi ben.Os nenos de A Capela fixéronno estupendamente ben,nos explicaron perfectamente os distintos xogos e tiveron a paciencia suficiente para axudarnos cando o necesitamos.
GRAZAS pola vosa axuda!
Aquí vai un pequeno resumo do que fixemos:
APRENDEMOS VOLEIBOL
O alumnado de 5º de primaria tivo unha sesión especial de voleibol có profe David,actividade que está dentro do programa Xogade, igual que anteriormente tivemos a de Yudo.
Foi unha sesión dinámica e divertida onde os pequenos aprenderon en que consiste o volei,xestos técnicos importantes, posicións no campo, tanteo...veron uns vídeos sobre o mesmo e practicaron os xestos técnicos máis importantes mediante xogos.
Dende aquí agradecemos a colaboración do profe David pola súa labor.
Aquí temos un resumo do que fixemos ese día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)