Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 22 de abril de 2012
Visita ao C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro
O pasado venres 20 de abril o alumnado do terceiro ciclo do noso cole acudiu ao Centro de Interpretación do Xogo Popular, que está no C.E.I.P. Mosteiro de Caaveiro,situado na Capela,próximo ao concello de Pontedeume.
Alí no cole estaban esperándonos Xavier, mestre de Educación Física e os seus alumnos de 6º curso que fixeron de guías e mestres durante toda a xornada.
Xavier ensinounos as súas instalacións e sobre todo o Centro de interpretación do xogo popular, dado que teñen espazos habilitados para os xogos populares (billarda ou estornela, a porca, canicas, chapas, bolos,brilé,tres en raia, rá....).
E tras isto comezou o momento de xogar; o alumnado e mestres do Pichel participamos nos xogos populares preparados por Xavier e o seu alumnado para nós.Foi moi divertido e creo que todos o pasamos moi ben.Os nenos de A Capela fixéronno estupendamente ben,nos explicaron perfectamente os distintos xogos e tiveron a paciencia suficiente para axudarnos cando o necesitamos.
GRAZAS pola vosa axuda!
Aquí vai un pequeno resumo do que fixemos:
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Eu paseino moi ben na excursion e os nenos-profes foron moi amables e fixeron que fora unha esperiencia aprender tantos xogos!!! :)
ResponderEliminarPaseino moi ben,e se nn chovera pasariao mellor porque podriamos xogar fora, e seria mais divertido.
ResponderEliminarO museo estubo genial.Gustariame volver jejejej