ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Carreira pola Paz

O próximo mércores 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día Pola Paz Mundial e como tal haberá actos de conmemoración do mesmo. Dende o departamento de educación física de primaria queremos aportar o noso gran de area para os pequenos máis necesitados. A organización SAVE THE CHILDREN organiza este ano a xuntanza de fondos destinados aos nenos e nenas da zona de Níxer,na zona Sudafricana. Nós dende o centro queremos aportar a nosa colaboración e facer unha carreira solidaria co fin de que os alumnos corran pola Paz e donen o que se recaude para esos nenos que o precisan para comer e estudar. Así que animo a todos os nosos pequenos, dende infantil ata sexto de primaria para que participen na carreira que será dando o maior número de voltas a redor do cole. Si todo vai ben e non chove celebrarase o mércores 30 de xaneiro a partir das 11 da mañán.Si chove moito,aprazarase para outro día. NÓS CORREMOS POLA PAZ!!

EXCELENTE PARTICIPACION NA CARREIRA DA POBRA DO CARAMIÑAL

O Pasado venres 25 de xaneiro celebrouse na Pobra do Caramiñal a carreira Intercomarcal de campo a través para aquel alumnado que se clasificou na proba de campo a través celebrado no circuito de Cee en novembro. Entre os participantes seleccionados da categoría benxamín feminino : Ivanna Baldomir,Tania Caamaño,Xela Campos,Nerea Martínez,María Pazos e Suelma Rodríguez.Na categoría benxamín msculino : Daniel Loureiro e Óscar Seoane.Na categoría alevín feminino Laura Deus; na masculina alevín : Manuel Rivera e na categoría Infantil feminina :Leticia Bermúdez,Lucía Canosa,Paula Pérez, María Rodríguez,Talía Santos e Samantha Torres. Estos alumnos participaron na Pobra do Caramiñal na carreira,a pesar da chuvia incesante e o charcos de auga no circuito da carreira fixeron unha carreira moi boa, esforzándose ao límite e quedando moi contentos co resultado. Non todos os alumnos clasificados puideron participar, dado que houbo algúns que debido a virus e outro tipo de problemas non puideron asistir á proba e notamos a súa ausencia. Pois ben os resultados foron moi satisfactorios xa que todos os pequenos se esforzaron moito na súa carreira e no caso das máis pequenas do cole, as benxaminas,conseguiron un trofeo para o cole, ao quedar en terceiro posto; xunto con Nerea Martínez que quedou segunda clasificada na categoría benxamín, levando a conseguinte medalla. Estamos moi contentos e orgullosos da participación e esforzo do alumnado,así que felicitamos a todos polo seu traballo; NORABOA!!! E a continuación unhas fotos do día da carreira.