ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 27 de xaneiro de 2013

EXCELENTE PARTICIPACION NA CARREIRA DA POBRA DO CARAMIÑAL

O Pasado venres 25 de xaneiro celebrouse na Pobra do Caramiñal a carreira Intercomarcal de campo a través para aquel alumnado que se clasificou na proba de campo a través celebrado no circuito de Cee en novembro. Entre os participantes seleccionados da categoría benxamín feminino : Ivanna Baldomir,Tania Caamaño,Xela Campos,Nerea Martínez,María Pazos e Suelma Rodríguez.Na categoría benxamín msculino : Daniel Loureiro e Óscar Seoane.Na categoría alevín feminino Laura Deus; na masculina alevín : Manuel Rivera e na categoría Infantil feminina :Leticia Bermúdez,Lucía Canosa,Paula Pérez, María Rodríguez,Talía Santos e Samantha Torres. Estos alumnos participaron na Pobra do Caramiñal na carreira,a pesar da chuvia incesante e o charcos de auga no circuito da carreira fixeron unha carreira moi boa, esforzándose ao límite e quedando moi contentos co resultado. Non todos os alumnos clasificados puideron participar, dado que houbo algúns que debido a virus e outro tipo de problemas non puideron asistir á proba e notamos a súa ausencia. Pois ben os resultados foron moi satisfactorios xa que todos os pequenos se esforzaron moito na súa carreira e no caso das máis pequenas do cole, as benxaminas,conseguiron un trofeo para o cole, ao quedar en terceiro posto; xunto con Nerea Martínez que quedou segunda clasificada na categoría benxamín, levando a conseguinte medalla. Estamos moi contentos e orgullosos da participación e esforzo do alumnado,así que felicitamos a todos polo seu traballo; NORABOA!!! E a continuación unhas fotos do día da carreira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario