Blogue de E.F. do CPI Alcalde Xosé Pichel: Educación Física, actividades lúdicas e deporte. Anímate a participar!
ef
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".
domingo, 24 de febreiro de 2013
Campionato Provincial de Campo a través
O pasado sábado 16 de febreiro celebrouse no circuito de Aceadama en Culleredo o Campionato Provincial de Campo a través en Culleredo.
Houbo dúas alumnas do Cpi Alcalde Xosé Pichel que se clasificaron para esta gran ocasión;elas foron MARIA PAZOS E NEREA MARTINEZ,da clase de terceiro.
As nenas participaban na categoría benxamín feminino.
Estaban nerviosas pola intensidade do evento e a cantidade de nenos e de xente que había no circuito.
María ao final non pudo correr debido a unha lesión no pé,esperemos que se cure prontiño!!.
E Nerea fíxoo moi ben,quedando no posto 16 da súa clasificación.
Ata alí desprazáronse as súas familias para darlles o apoio necesario.
NORABOA a NEREA e MARIA!!!
Continuamos con acrosport
Neste trimestre comezamos a practicar habilidades ximnásticas e agora continuamos con acrosport.
Facemos figuras, posicións de equilibrio, formamos palabras....
sábado, 2 de febreiro de 2013
Aprendemos acrosport
QUÉ É ISO?
Pois vos toca buscar e explicarnos en qué consiste o ACROSPORT? posicións,normas de seguridade,figuras...
Botade un ollo ao que traballaremos nestos días:
Posponse a carreira pola Paz
Sentimos non avisar a través do blogue do cambio de data da carreira solidaria "save the children".
A verdade é que debido as condicións climatolóxicas malas e ao virus da gripe que hai no centro, pospoñemos a carreira ata novo aviso.
Sentímolo,sobre todo non poder celebrala xunto co día da Paz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)