ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

domingo, 24 de febreiro de 2013

Campionato Provincial de Campo a través

O pasado sábado 16 de febreiro celebrouse no circuito de Aceadama en Culleredo o Campionato Provincial de Campo a través en Culleredo. Houbo dúas alumnas do Cpi Alcalde Xosé Pichel que se clasificaron para esta gran ocasión;elas foron MARIA PAZOS E NEREA MARTINEZ,da clase de terceiro. As nenas participaban na categoría benxamín feminino. Estaban nerviosas pola intensidade do evento e a cantidade de nenos e de xente que había no circuito. María ao final non pudo correr debido a unha lesión no pé,esperemos que se cure prontiño!!. E Nerea fíxoo moi ben,quedando no posto 16 da súa clasificación. Ata alí desprazáronse as súas familias para darlles o apoio necesario. NORABOA a NEREA e MARIA!!!

2 comentarios: