ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

sábado, 15 de xuño de 2013

XORNADA LÚDICO DEPORTIVA NO CPI XOSE PICHEL

O venres 14 de xuño celebrouse unha XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA no Cpi Alcalde Xosé Pichel. Por un lado celebrouse a Carreira solidaria SAVE THE CHILDREN,aplazada polo mal tempo dende xaneiro.A carreira ten como finalidade a recaudación fondos para cubrir as necesidades básicas de alimentación e medicamentos dos nenos de Níger. E aproveitando que se fixo a carreira decidiuse facer unha xornada lúdica con xogos, para conmemorar o fin de curso cos pequenos de infantil e primaria do centro.Ademais aproveitouse para invitar aos pais e nais do alumnado a participar nesta xornada de convivencia. Foi un día moi activo para todos e contamos coa colaboración de Protección Civil de Coristanco para a celebración da carreira,aos que agradecemos a súa participación. O alumnado disfrutou correndo e posteriormente facendo Xogos populares ao longo de toda a mañán. Foi un día diferente e de diversión para o alumnado e profesorado do Cpi Alcalde Xosé Pichel. Aquí tedes un breve resume do que aconteceu ao longo da mañán:

sábado, 8 de xuño de 2013

Apredemos GOALBALL

O pasado martes 4 de xuño acudiron ao noso centro Tito e Helga profesores da O.N.C.E. para ensinarnos o xogo de Goalball.Imos ver o que pon na wikipedia a cerca deste deporte: O goalball (pronúnciase Golbol) é o único deporte paralímpico creado especificamente para persoas invidentes ou con deficiencia visual. Participan dous equipos de tres xogadores. O xogo baséase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, a cal leva no seu interior cascabeis que soan ao movemento do balón; polo que este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial para poder interceptar o balón, situarse estratexicamente no campo e realizar o lanzamento. Un dato a destacar é que todos os xogadores levan antefaces opacos para igualar a falta de visibilidade dos participantes. O Goalball foi creado polo alemán Hans Lorenzen e o austríaco Seep Reindl. Este novo deporte formaba parte dun programa de rehabilitación, para veteranos minusválidos da II Guerra Mundial. Nel podían tomar parte os veteranos cegos, co fin de desenvolver toda a súa capacidade de concentración e calidades físicas. Nos Xogos Paralímpicos de 1972 en Heidelberg (Alemaña) foi un dos deportes de demostración, entrando a formar parte do calendario oficial a partir de 1976 en Toronto (Canadá), en categoría masculina, e de 1984 en Nova York (Estados Unidos) na categoría feminina. En 1981, en París, os representantes de máis de 30 países participantes en deportes eran cegos, forman a Asociación Internacional de Deportes para Ciegos (IBSA). Un ano despois, a propia IBSA crea un subcomité de Goalball, co obxectivo de unificar o deporte a nivel mundial e revisar os regulamentos periodicamente. A Asociación Internacional de Deportes para Cegos (IBSA), a través do Subcomité de Goalball é o encargado de sancionar todos os campionatos oficiais, así como de revisar o regulamento de xogo cada catro anos, realizar cursos de formación de Árbitros e Oficiais Menores e promover a práctica do Goalball en todos os lugares do mundo. A continuación veremos un vídeo sobre como foi o aprendizaxe do Goalball ese día:

sábado, 1 de xuño de 2013

XORNADA DEPORTIVA CANOSA RUS-CORISTANCO

O pasado venres 31 de maio acudimos á nosa cita pendente cos compañeiros ao colexio CEIP CANOSA-RUS. Alí recibíronos cos brazos abertos e con alegría para celebrar o reencontro, a xornada de volta despois de que o alumnado de 5º e 6º de primaria do Canosa acudiran a primeira xornada no noso centro. O encontro foi exitoso, xogaron simultáneamente ao Balón torre,Brilé e Ultimate; fixéronse varios partidos, cun pequeno descanso no medio para merendar e para finalizar sorprendéronos cunha actuación de baile dun alumno do centro e as suas irmáns que nos despediron cun baile. Foi un día estupendo, todos os membros do CPI Alcalde Xosé Pichel disfrutamos moito, tanto alumnado como mestres. Agradecemos moito o trato recibido e despedímonos deles ata o próximo curso, no que deseamos continuar con ditas xornadas de xogos e reencontros. Ollade algunhas das fotos dese día: