ef

Resultado de imagen de perdonad las molestias estamos jugando para vosotros
"Todos os grandes pensamentos son concebidos ao camiñar".

sábado, 8 de xuño de 2013

Apredemos GOALBALL

O pasado martes 4 de xuño acudiron ao noso centro Tito e Helga profesores da O.N.C.E. para ensinarnos o xogo de Goalball.Imos ver o que pon na wikipedia a cerca deste deporte: O goalball (pronúnciase Golbol) é o único deporte paralímpico creado especificamente para persoas invidentes ou con deficiencia visual. Participan dous equipos de tres xogadores. O xogo baséase principalmente no sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, a cal leva no seu interior cascabeis que soan ao movemento do balón; polo que este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial para poder interceptar o balón, situarse estratexicamente no campo e realizar o lanzamento. Un dato a destacar é que todos os xogadores levan antefaces opacos para igualar a falta de visibilidade dos participantes. O Goalball foi creado polo alemán Hans Lorenzen e o austríaco Seep Reindl. Este novo deporte formaba parte dun programa de rehabilitación, para veteranos minusválidos da II Guerra Mundial. Nel podían tomar parte os veteranos cegos, co fin de desenvolver toda a súa capacidade de concentración e calidades físicas. Nos Xogos Paralímpicos de 1972 en Heidelberg (Alemaña) foi un dos deportes de demostración, entrando a formar parte do calendario oficial a partir de 1976 en Toronto (Canadá), en categoría masculina, e de 1984 en Nova York (Estados Unidos) na categoría feminina. En 1981, en París, os representantes de máis de 30 países participantes en deportes eran cegos, forman a Asociación Internacional de Deportes para Ciegos (IBSA). Un ano despois, a propia IBSA crea un subcomité de Goalball, co obxectivo de unificar o deporte a nivel mundial e revisar os regulamentos periodicamente. A Asociación Internacional de Deportes para Cegos (IBSA), a través do Subcomité de Goalball é o encargado de sancionar todos os campionatos oficiais, así como de revisar o regulamento de xogo cada catro anos, realizar cursos de formación de Árbitros e Oficiais Menores e promover a práctica do Goalball en todos os lugares do mundo. A continuación veremos un vídeo sobre como foi o aprendizaxe do Goalball ese día:

1 comentario: